Á deriva | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Adrift |
Director | Baltasar Kormákur |
Produtor | Baltasar Kormákur Aaron Kandell Jordan Kandell Shailene Woodley |
Guión | Aaron Kandell Jordan Kandell David Branson Smith |
Baseado en | Red Sky in Mourning: A True Story of Love, Loss, and Survival at Sea de Tami Oldham Ashcraft e Susea McGearhart |
Intérpretes | Shailene Woodley Sam Claflin |
Música | Volker Bertelmann |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | John Gilbert |
Estudio | |
Distribuidora | STX Entertainment |
Estrea | 1 de xuño de 2018 26 de xullo de 2023 (TVG) |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 35 millóns de dólares[2] |
Recadación | 59,9 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.adrift.movie/ | |
|
Á deriva (en inglés: Adrift) é un filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por David Branson Smith, Aaron Kandell e Jordan Kandell. O filme baséase no libro de 2002 Red Sky in Mourning de Tami Oldham Ashcraft, unha historia real ambientada durante o Furacán Raymond en 1983. Está protagonizado por Shailene Woodley e Sam Claflin como unha parella que está á deriva no medio do océano Pacífico despois dun furacán, e debe atopar o camiño cara a Hawai cun barco danado e sen radio. Á deriva estreouse nos Estados Unidos o 1 de xuño de 2018 a través de STXfilms e recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou as interpretacións e a fotografía mais criticou a narrativa familiar.[3][4]
Estreouse en galego o 26 de xullo de 2023 a través da TVG.[5][6]