Nome orixinal | (es) Alejandro San Cristóbal Sánchez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 18 de xaneiro de 1997 (27 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alejandro San Cristóbal Sánchez, máis coñecido como Álex Sancris, nado en Madrid o 18 de xaneiro de 1997, é un futbolista español que xoga principalmente como extremo dereito no Burgos CF, da Segunda División.
Formouse como futbolista nas canteiras do Getafe e do Trival Valderas.[1] Na tempada 2016/17 debutou co primeiro equipo deste último na Terceira División, converténdose na seguinte campaña nun titular habitual.
En xullo de 2018 asinou un contrato co Leganés B, co que xogou tres anos en Terceira e un ano en Segunda Federación, despois de capitanear o equipo ao ascenso en 2021.[2]
No verán de 2022 fichou polo Linares Deportivo, da Primeira Federación. Titular indiscutible do equipo, disputou 40 partidos nos que anotou catro goles e repartiu 10 asistencias, rematando a liga a un punto dos postos de promoción.[3]
Para a tempada 2023/24 asinou polo Burgos CF, da Segunda División.[4] Debutou na categoría de prata o 13 de agosto, entrando como substituto de Miki Muñoz na segunda metade dun empate 1-1 na casa ante o Huesca.[5]