Álvaro Ratón

Modelo:BiografíaÁlvaro Ratón

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Zaragoza
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2024–   Galicia 1(0)

Álvaro López Ratón, nado no Carballiño o 29 de xaneiro de 1993, coñecido deportivamente como Ratón, é un futbolista galego que xoga na posición de gardameta no Wisła Kraków da I Liga de Polonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rato comezou a xogar ao fútbol no Pavillón de Ourense e o Club Deportivo Arenteiro, equipos do fútbol base da súa provincia. Con catorce anos fichou pola canteira da Valencia Club de Fútbol, conxunto no que permanecería até o primeiro ano de xuvenís. Competiu tamén en idade de xuvenil na canteira do Deportivo da Coruña e Montañeros, sendo estes dous últimos conxuntos cos que entrou en convocatorias do filial deportivista, e despois do primeiro equipo montañeiro, sen chegar a debutar finalmente.

Na categoría sénior, fichou polo Arroyo da Segunda División B de España, sendo o terceiro porteiro do equipo, no que tampouco chegou a debutar. Así, no mercado de inverno de 2013 recalou no Algeciras, co que por fin debutou esa tempada. Na seguinte tempada fichou polo Real Betis "B". Con estes dous últimos conxuntos conseguiu ascender a Segunda B consecutivamente. Despois formou parte do Villanovense de Segunda División B, co que chegou a xogar unha fase de ascenso a Segunda División (2015), caendo eliminado na primeira rolda polo Bilbao Athletic.

No verán de 2015 pasou a formar parte do persoal do Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza.[1][2] Logo dunha tempada, o 15 de xullo de 2016 renovou por tres anos xa con ficha no primeiro equipo como grande aposta de futuro.[3][4]

Debutou no primeiro equipo do Real Zaragoza o 7 de setembro de 2016 en competición copeira contra o Real Valladolid no Estadio da Romareda, partindo como meta titular e disputando o encontro na súa totalidade, o cal acabou coa derrota para o conxunto zaragocista por 1-2 e por tanto tamén caendo eliminado da Copa do Rei. O 23 de outubro do mesmo ano debutou en Segunda División, precisamente contra o mesmo conxunto.

O 13 de xaneiro de 2021 ía facerse oficial a súa cesión ao Gimnàstic de Tarragona, mais esta truncouse debido a que René Román non pasou as probas médicas.

Tras sete tempadas no Real Zaragoza, o 31 de maio despediuse do club tras terminar o seu contrato.[5] Entón seguiu a súa carreira no Wisła Kraków co que asinou por un ano.[6]

Selección galega

[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]