Nome orixinal | Álvaro Rey Vázquez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 11 de xullo de 1989 ![]() Sevilla, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,83 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 14 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Álvaro Rey Vázquez, nado en Sevilla o 11 de xullo de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo no St Joseph's de Xibraltar.
Nacido en Sevilla, formouse na canteira da AD Nervión. Tras pasar polo Cerro del Águila, o Betis C e o Betis B, fichou en 2010 polo Gimnàstic de Tarragona.
Co club catalán debutou na Segunda División o 31 de outubro, nun empate 1-1 na casa ante o Córdoba CF.[1] Pasou a maior parte desa tempada compaxinando o Nàstic co seu filial, o Pobla de Mafumet, da Terceira División. Na tempada 2011/12 marcou o seu primeiro gol como profesional, nunha vitoria pola mínima fronte o Elche CF, mais o equipo acabou descendendo.[2] En xullo de 2012, fichou polo Xerez, tamén de Segunda. Foi titular en máis da metade dos encontros dunha tempada desastrosa para o club, que acabou último e perdendo dúas categorías por mor das súas débedas.
Fichou entón polo seu primeiro equipo estranxeiro, o Toronto FC da Major League Soccer.[3] Marcou o seu primeiro gol co seu novo club o 28 de setembro, na vitoria por 4-1 ante o DC United de Washington no BMO Field.[4]
En xuño de 2014 foi traspasado ao Columbus Crew SC, dos Estados Unidos, a cambio de Dominic Oduro.[5] O seu contrato foi rescindido de común acordo só un mes despois, alegando motivos persoais,[6] e asinou co Alcorcón.[7]
Apenas dispuxo de minutos no equipo de Bordalás e en abril saíu cedido ao Murcia ata final de tempada.[8] Co equipo murciano disputou un total de cinco partidos da Segunda B, un deles na fase de ascenso a Segunda. Na tempada 2015/16 gañou protagonismo no Alcorcón, xogando un total de 26 encontros, 17 deles como titular, con Muñiz como adestrador, pero os seus números volveron caer na tempada seguinte.
En febreiro de 2017, desvencellouse do Alcorcón e asinou un contrato de seis meses co Panetolikos FC da Super Liga de Grecia.[9] Debutou na máxima categoría grega o 19 de febreiro, nunha derrota por 1-2 contra o Platanias no estadio Panetolikos, marcando o único gol do seu equipo.[10]
O 16 de xullo de 2017 fichou polo Arka Gdynia da Ekstraklasa polaca.[11] Con ese equipo xogou só catro encontros: un de liga contra o Korona Kielce, dous da Copa de Polonia e outro da fase previa da Europa League fronte o FC Midtjylland de Dinamarca.
Deixou o equipo polaco a metade de tempada e en xaneiro de 2018 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda B.[12] No equipo galego fíxose coa titularidade na dianteira, a carón de Joselu, e chegou a marcar un triplete contra o San Sebastián de los Reyes, o único da súa carreira.[13] Con todo, o conxunto verde acabou descendendo a Terceira.[14]
En xullo de 2018 fichou polo Mirandés, tamén de Segunda B.[15] Foi titular durante a maior parte da tempada no equipo de Borja Jiménez, que acabou a liga na terceira posición. Na fase ascenso marcou dous goles, contra Recreativo de Huelva e Atlético Baleares, que contribuíron a que o equipo lograse o segundo ascenso á categoría de prata da súa historia.[16] Na seguinte tempada, con Andoni Iraola no banco, xogou un total de 41 partidos entre liga e Copa, marcando 8 goles. Marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Sevilla na Copa do Rei, que serviron para eliminar o club andaluz nos oitavos de final, e foi titular tamén no partido de cuartos de final fronte ao Villarreal, onde o Mirandés logrou unha histórica segunda clasificación para as semifinais.[17]
En agosto de 2020 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bolívar, da Primeira División de Bolivia.[18] Debutou co club da Paz o 17 de setembro, nun partido da Copa Libertadores contra o Palmeiras. O equipo quedou terceiro no seu grupo da Libertadores, quedando eliminado da competición e pasando a xogar na Copa Suramericana, competición na que Álvaro Rey marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Bolívar o 2 de decembro nunha derrota por goleada contra o Lanús arxentino.[19] No club boliviano coincidiu cos tamén españois Alberto Guitián e Álex Granell, así como co adestrador Natxo González.
En xaneiro de 2022 rescindiu o seu contrato co Bolívar para regresar ao fútbol español, fichando polo Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, club adestrado polo seu antigo técnico no MIrandés, Borja Jiménez.[20][21] No equipo galego disputou 13 partidos, deles só 3 como titular, e marcou un gol de penalti contra o Valladolid Promesas.
Tras rematar o seu contrato co Deportivo baixou dúas categorías para regresar ao Xerez, da Terceira División RFEF.[22] Co equipo andaluz disputou 25 partidos, todos como titular, e marcou 8 goles.
En xullo de 2023 marchou a Xibraltar, onde asinou contrato co St Joseph's.[23]