Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel Antonio Rama Facal 30 de abril de 1926 Montevideo, Uruguai |
Morte | 27 de novembro de 1983 (57 anos) Mejorada del Campo, España |
Causa da morte | accidente ou incidente de aviación |
Actividade | |
Ocupación | escritor, romanista, crítico literario, profesor universitario, actor |
Familia | |
Cónxuxe | Ida Vitale |
Fillos | Claudio Rama Vitale |
Irmáns | Carlos Manuel Rama |
Premios | |
Ángel Antonio Rama Facal, nado en Montevideo o 30 de abril de 1926 e finado en Madrid o 27 de novembro de 1983, foi un escritor uruguaio considerado un dos principais ensaístas e críticos latinoamericanos.
Era o segundo fillo dunha parella de emigrantes galegos, Manuel Rama e Carolina Facal, naturais de Cores (Ponteceso) e Traba (Coristanco), respectivamente.[1]. O seu pai abandonou España para evitar o servizo militar.[2] O seu irmán máis vello foi o historiador, sociólogo, avogado, xornalista e profesor Carlos Manuel Rama.
A súa obra refírese a literatura proveniente de practicamente todas as rexións do continente americano así como de diferentes períodos históricos. "En ese sentido [...] pensó e imaginó la cultura de los países latinoamericanos como una totalidad."[3] Rama foi membro da chamada «Generación del 45» o «Generación Crítica».[4] Tres dos seus libros de crítica literaria máis importantes son Rubén Darío y el modernismo (1970), Transculturación narrativa en América Latina (1982), e La ciudad letrada (1984).
Faleceu xunto á súa esposa Marta no accidente do Voo 011 de Avianca, cando se dirixía ao Primeiro Encontro da Cultura Hispanoamericana en Bogotá. No accidente, acontecido no Aeroporto de Madrid-Barajas faleceron tamén os escritores Jorge Ibargüengoitia e Manuel Scorza, e a pianista catalá Rosa Sabater.[1]