Ángel Barja

Modelo:BiografíaÁngel Barja

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Terroso, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
León, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX953462

Ángel Barja Iglesias, nado en Terroso, Vilardevós, o 5 de outubro de 1938 e finado en León o 12 de febreiro de 1987[1], foi un compositor galego.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Estuda o bacharelato en El Espino de Burgos e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en Valladolid. A súa intención era facerse eclesiástico, mais abandonou o proxecto para dedicarse á música. De feito, aos 16 anos xa compoñía pezas de música coral. Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comezan as súas actividades como compositor.

Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos, viaxou por Italia, onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda Nuova Consonanta, e tamén por Suíza e Austria. En 1972 instalouse en León para dedicarse ao ensino no conservatorio e á dirección do coro Capela clásica.

As súas composicións abranguen varios xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.

  • Premio Nacional de Composición, 1972.
  • Premio Nacional de Composición, 1984.
  • Premio Internacional da Real Academia de Belas Artes de Granada 1985.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]