Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberto polo | C. Trujillo, M. Brown |
Descuberto dende | Observatorio de Palomar |
Descuberto o | 13-01-2003 |
Designación do Mpc | (208996) 2003 AZ84 |
Categoría no Mpc | Plutino[2][3] |
Características orbitais[2][4] | |
Época= 31-12-2006 ( 2 454 100,5 xd) | |
Afelio | 6.964,422 Gm (46,554 UAs) (Q) |
Perihelio | 4.833,387 Gm (32,309 UAs) (q) |
Eixo semi-maior | 5.898,905 Gm (39,432 UAs) (a) |
Excentricidade | 0,181 |
Período orbital | 90.441,418 d (247,62 ax) |
Inclinación | 13,595° |
Anomalía media | 214,954° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 252,139° |
Argumento do perihelio | 14,917° |
Lúas | 1 (68 km)[5] |
Características físicas | |
Diámetro | 686 ± 96 km[6] 910 ± 60 km[7] |
Masa | ~5,3 x 1020 kg |
Área superficial | ~2 x 106 km2 |
Volume | ~2,7 x 108 km3 |
Densidade | 2,0 g/cm³ (asumido) |
Gravidade superficial | 0,21 m/s² |
Velocidade de escape | 0,41 km/s |
Día sideral | 13,44 hr[4] |
Tipo espectral | B-V=0,70, V-R=0,36[8] |
Magnitude aparente | 20,2 ( en oposición)[9] |
Magnitude absoluta | 4,00 (JPL)[1][4] 3,83 (Herschel)[7][8] 3,71 (Telescopio Espacial Spitzer)[6] 3,65[2] |
Albedo | 0,09–0,16[6] 0,07 ± 0,02[7] |
Temperatura superficial | ~44 K |
(208996) 2003 AZ84, tamén escrito coma 2003 AZ84, é un plutino, e coma Plutón, esta nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno.[2][3] Foi descuberto o 13 de xaneiro do ano 2003 por C. Trujillo e M. Brown[4] usando o telescopio Samuel Oschin do Observatorio Palomar. Por cada 2 órbitas que completa un plutino, Neptuno completa 3.
Está clasificado coma un plutino, o cal quere dicir que está nunha resonancia orbital de 3:2 con Neptuno, de xeito semellantes ó de Plutón.[3] A súa órbita é completada en 248 anos, 2003 AZ84 está actualmente a 45,4 UAs do Sol[9] e acadou ó seu afelio no ano 1982.[10] e chegará ó seu perihelio no ano 2107.[4]
Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que polo menos nos próximos 10 millóns de anos, 2003 AZ84 estará afastado do solo polo menos 31,6 UAs (o máis, polo que permanecera máis aló da órbita de Neptuno).[2] O período de rotación de 2003 AZ84 non é coñecido con exactitude, pero unha estimación bastante fiable dálle 6,7 hours.[11]
O Telescopio Espacial Spitzer estimou o seu diámetro en 686 ± 96 kms,[6] mentres cunha análise dos datos obtidos polo telescopio Spitzer e o telescopio espacial Herschel dan unha estimación do seu tamaño un pouco máis, ó redor de 910 ± 60 kms.[7] Debido ó seu bo tamaño, 2003 AZ84 é un cualificado candidato a planeta anano. A súa masa é descoñecida, pero estima razoable que sexa ó redor de 3–5 x 1020 kgs.
O espectro e as cores de 2003 AZ84 son moi semellantes ás de Orcus, outro gran planetoide en resonancia orbital de 3:2 con Neptuno. Ambos os corpos teñen propiedades correntes no espectro visible e unhas bandas de absorción do xeo de auga relativamente fortes no infravermello próximo, aínda que 2003 AZ84 ten un albedo menor. Ambos corpos teñen unha feble banda de absorción preto dos 2,3 μm, o cal podería estar causado polo amoníaco ou xeos de metano.[12]
O descubrimento dunha lúa de (208996) 2003 AZ8484 foi anunciado na circular IAUC 8812 do 22 de febreiro do 2007.[5][13] A órbita da láu aínda ten que ser determinada, pero xa foi determinado que hai unha separación de 0,22 arcsegundos e unha magnitude aparente 5,0. O seu diámetro foi estimado en 68 ± 20 kms.[5]