1943: The Battle of Midway | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Deseñador(es) | Yoshiki Okamoto |
Compositor(es) | Estrea orixinal: Kumi Yamaga 1943 Kai: Manami Matsumae Takashi Tateishi Junko Tamiya Hiroshige Tonomura Tamayo Kawamoto Harumi Fujita |
Lanzamento | xuño de 1987 |
Xénero | Arcade e tiros |
Modos de xogo | Un e dous xogadores |
Plataforma(s) | Arcade, NES, PC Engine, Xbox, PlayStation 2, PlayStation, Sega Saturn, PlayStation Portable, Xbox One |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
1943: The Battle of Midway (1943 ミッドウェイ海戦 Ichi Kyū Yon San: Middouei Kaisen?) é un videoxogo arcade de tiros desenvolvido e publicado por Capcom.[1] É a secuela do anterior xogo de Capcom 1942.
A historia céntrase nunha batalla aérea no Pacífico no marco da segunda guerra mundial, na que o xogador toma os mandos dun caza co que terá que derribar tódolos inimigos posibles intentando evitar o seu fogo. Baséase na batalla de Midway, na cal a frota xaponesa atacou a famosa illa de Midway, e que para moitos historiadores cambiou o curso da guerra.