Nome do club | Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara | ||
Fundado | 2007 | ||
Pavillón | Pazo Multiúsos de Guadalaxara, Guadalaxara | ||
Capacidade | 5.800 | ||
Presidente | Adolfo Aragonés | ||
Adestrador | Fernando Bolea | ||
Liga | Liga ASOBAL | ||
Equipamentos |
|
A Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Quabit BM Guadalajara, é un club de balonmán español da cidade de Guadalaxara, que xoga na Liga ASOBAL.
Foi fundado no 2007 como herdeiro do anterior club de balonmán da cidade castelá, o BM Guadalajara. En tan só tres tempadas conseguiu ascender de Primeira Nacional de balonmán á Liga ASOBAL, a máxima categoría do balonmán español.
Na súa primeira tempada da súa nova etapa, o Realitas BM Guadalajara militou na Primeira Nacional e acadou nun tempo récord o campionato de España da categoría e o ascenso á División de Honra B. Na súa segunda tempada, xa na categora de prata do balonmán español, chegou á fase de ascenso á Liga ASOBAL, aínda que finalmente o club non puido acadar o ascenso ao finalizar no segundo posto do play-off. Na tempada 2009-10, o Rayet BM Guadalajara conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL logo de finalizar no 2º posto na liga regular e rematar na 1ª posición no play-off de ascenso.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]Outros artigos[editar | editar a fonte]Ligazóns externas[editar | editar a fonte] |