A é un álbum da banda inglesa Jethro Tull lanzado en 1980.
Con este álbum, lonxe quedaron os primeiros tempos do grupo con aparencia de vagabundos, longas melenas e aspecto sinistro. Na portada, Ian Anderson cortou o pelo e móstrase vestido de branco impoluto: un cambio radical, unha viaxe ó futuro. O disco supón a incorporación da música electrónica ó estilo da banda.
En realidade dito álbum pensaba ser o primeiro de Anderson en solitario (anterior, por tanto, a Walk into Light), unha vez idos o resto de membros da banda, excepto o inseparable Martin Barre; pero a discográfica o animou a pubricalo baixo o nome de Jethro Tull.
O título A (de Anderson) sería a identificación dada a ditas gravacións no estudio.
Para este disco Ian Andeerson logrou a colaboración do teclista e violinista Eddie Jobson, ex UK e Roxy Music, músico cun estilo moi diferente aos de Jethro Tull. Isto provocaría unha gran controversia entre os incondicionais da banda.
Moitos críticos consideran este álbum como o comezo do declive do grupo, sendo o seu anterior álbum, Stormwatch, o último gran disco de Jethro Tull.
- Posto nas listas dos Estados Unidos: 30.
- Posto nas listas do Reino Unid: 25.
A edición de 2004 incluíu tamén o vídeo Slipstream, que alterna unha interpretación en directo deste álbum, no Royal Albert Hall, con vídeos de cancións do pasado.
En 1980 Anderson escribiu unha introdución a cada tema do disco:
- «Con "Crossfire" a idea chegoume cando estaba ensaiando a canción e acercouse a miña esposa e díxome que a embaixada iraniana en Londres fora asediada. Todos deixamos de ensaiar para ir velo na televisión. A mañá seguinte escribín a letra antes de que chegaran os demais o ensaio. Aínda que tiña algo xa con esa temática, completei a historia co sucedido.»
- «"Fylingdale Flyer" tamén provén das noticias sobre a derradeira vez que os americanos tiveran un descoido nun dos seus sistemas de alerta e pensaban que os rusos provocaran un ataque. Está cantado dende o punto de vista dun deses tipos nunha desas Estacións de Alerta Temperá Fylingdale en Yorkshire. Eles crían que viña un mísil de camiño a Estados Unidos e pensaba que aínda había tempo para “unha derradeira partida de bolos”, que é exactamente o que dixo sir Francis Drake en 1958 cando se lle dixo que a armada española fora avistada en Plymouth.»
- «"Working John, Working Joe" é unha das cancións que teñen xa 2 ou 3 anos e que foi escrita na época na que os sindicatos realizaban un montón de propaganda á clase media. É un pequeno trabalinguas que suxire que todo tipo que vai de traxe, un director dunha compañía, sofre o mesmo día duro que un traballador do piso de abaixo. Ten que conducir ata o traballo, sofre o mesmo atasco de tráfico e o prezo que ten que pagar polo seu benestar é unha úlcera e un infarto.»
- «Escribín as letras de "Black Sunday" xusto antes de saír de xira, como soa, aínda que quixen escribir no sentido de que calquera puidera imaxinarse saíndo ó traballo e preguntándose si, o seu regreso, encontraríase as cousas como estaban. Estaba chea do tipo de imaxes que vía cando viaxaba.»
- «"Protect and Survive" é un título extraído do folleto do mesmo nome que distribuía o goberno para que, no caso dun ataque nuclear, tiveramos unhas indicacións sobre que facer. É un pequeno trabalinguas dirixido ó goberno por non manternos informados e tratarnos desa forma tan rastreira. Os sentimentos expresados na canción non son necesariamente os meus, senón a forma na que creo que reaccionaría unha persoa media ó léelo, especialmente con as escolas de dito ataque xa producido.»
- «"Batteries not Included" é en realidade un pouco macabra. Un neno esperta no Nadal para atoparo seu fabuloso xoguete mecánico ó pé da cama, mais non funciona porque non ten baterías. Durante o tempo en que está a laiarse se identifica co xoguete tan fortemente que, cando seus pais acordan, atopan o neno convertido en xoguete e tamén está apagado. Recórdame o meu fillo.»[1]
- «O tema "Uniform" é de novo un xogo de palabras sobre o feito de que todos nos disfrazamos, adoptamos roles de acordo a roupa que vestimos. Non hai demasiada xente que tenda a expresar a súa individualidade en termos de vestimenta: tenden a conformar grupos sociais uniformados como soldados ou policías.»
- «"4.W.D.(Low Ratio)" trata sobre unha afinidade con os vehículos todo terreo. Pensei que sería bonito ter unha canción como esta, e está escrita desta maneira para evitar confusións con outra do mesmo tema que non ten nada que ver musicalmente coa nosa.»
- «"The Pine Marten's Jig" é unha peza de música tradicional, pero emprega un montón de pequenas pezas e a instrumentación (mandolinas e violín) que temos aquí a fan bastante eléctrica.»
- «"And Further On" é unha desas cousas ambiguas e melancólicas que teñen unha connotación privada e persoal para ó autor, pero a suficiente imaxinación, afortunadamente, como para chegar a diferentes tipos de oínte. Para explicar a miña opinión sobre a letra, sería como privar ó individuo do seu dereito a unha interpretación persoal. Supoño que serve como unha posdata musical ó resto de cancións.»
- ↑ A voz do neno que aparece no tema é a do propio fillo de Ian Anderson.