A Shoreline Dream

A Shoreline Dream
OrixeDenver, Colorado,
Período2005 - presente
Xénero(s)indie rock, shoegazing, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Latenight Weeknight Records
MembrosRyan Policky
Erik Jeffries
Artistas relacionadosPure Drama, Drop the Fear, Ulrich Schnauss
Na rede
ashorelinedream.com
Facebook: ashorelinedreamband MySpace: ashorelinedream Bandcamp: ashorelinedream Last fm: A+Shoreline+Dream Musicbrainz: e7cc23d7-e551-466f-b693-cba966b5776e Songkick: 44989 Discogs: 732454 Allmusic: mn0001918900 Editar o valor en Wikidata

A Shoreline Dream é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Denver, Colorado. O seu son foi descrito como “unha mestura temperamental de rock psicodélico e post-rock",[1] soando "como unha banda fóra de tempo", e tendo unha calidade de son suficientemente única para que "sobrepase" a etiqueta shoegaze.[2] No presente a banda está formada polos dous membros orixinais, o vocalista, guitarrista e produtor Ryan Policky e o guitarrista Erik Jeffries, que gravan no seu propio estudio, Shoreline Studios.

Policky formou A Shoreline Dream en 2005 co batería/DJ Gabriel Ratliff. A parella traballara anteriormente xunta nas bandas Pure Drama (que publicou dous álbums, On the Surface (2001) e Pure Drama (2003)) e Drop the Fear (que lanzou un único álbum epónimoen 2004).[3] Jeffries foi recrutado de Pure Drama, mentres que o baixista Enoc Torraca foi escollido dun grupo de coñecidos.[4] A banda usou unha hipoteca sobre a casa de Policky para montar o seu propio selo discográfico, Latenight Weeknight Records, e gravou, editou e promocionou a súa estrea, Avoiding the Consequences, en 2006.

En 2007 A Shoreline Dream publicou un segundo EP, Coastal, que chamou a atención do produtor alemán Ulrich Schnauss, do cal eran fans. Ratliff xa marchara nese punto da súa carreira, e Michael Scarano tocou a batería en dous dos temas. Schnauss colaborou posteriormente coa banda (co seu novo batería Sean Merrell) no EP NeverChanger, que foi masterizado polo produtor de Low/Galaxie 500 Kramer e lanzado en xullo de 2008, pouco despois de que a banda aparecese no "Next 100" de Urb Magazine.

Tras unha xira de verán en 2008 con Schnauss,[5] A Shoreline Dream gravou o seu segundo álbum, Recollections of Memory, que foi publicado en febreiro de 2009 a través de Latenight Weeknight. O disco foi masterizado novamente por Kramer, e incluíu tres colaboracións máis con Schnauss.

En setembro do ano 2009 Torraca deixou a banda para perseguir metas persoais e foi substituído por Adam Edwards, anteriormente en Flyaway Minion.[6]

A banda actuou no festival anual de Austin South by Southwest en marzo de 2010.[7] No mes de xullo dese ano o grupo gravou unha colaboración con Schnauss, "London", no estudio deste último en Leytonstone, Inglaterra.[8] O tema foi publicado o 24 de xaneiro de 2011 no recompilatorio do selo Rocket Girl 3... 2... 1... A Rocket Girl Compilation.[9]

A principios de 2011 publicaron un sinxelo dixital, unha versión do tema de Fleetwood Mac "The Chain",[10] seguido por un terceiro álbum, Losing Them All to This Time. Ese mes de xullo, British GQ usou a canción de A Shoreline Dream "NeverChanger" nun video para a súa primeira app para iPad. Neste video aparece a modelo e actriz Rosie Huntington-Whiteley e tamén está dispoñible en YouTube.[11]

En 2012 a banda lanzou tres EPs, un por mes durante tres meses, titulados Three, 3 e III. No mes de setembro os EPs publicáronse xuntos nunha edición limitada de tres discos titulada 333.[12]

A Shoreline Dream rematou 2012 cun sinxelo lanzado o día de Nadal titulado "The Land of Those Who Wander".[13] Para os concertos que seguiron a este lanzamento regresou o batería orixinal Gabriel Ratliff.[14]

A Shoreline Dream editou o seu cuarto álbum, The Silent Sunrise, o 9 de setembro de 2014. Nunha recensión positiva, PopMatters describiu o disco como "o que obterías se My Bloody Valentine entrase nun set dos anos 80 dunha película de John Hughes".[15] Para a gravación uníronse a Policky e Jeffries o baixista Adam Edwards e os baterías Michael Scarano e Erin Tidwell.

Tras cinco meses de composición, o seu derradeiro álbum ata a data, Melting, foi publicado o 21 de agosto de 2020.[16]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Avoiding the Consequences 2006 Latenight Weeknight Records
Recollections of Memory 2009 Latenight Weeknight Records
Losing Them All to This Time 2011 Latenight Weeknight Records
The Silent Sunrise 2014 Latenight Weeknight Records
Melting 2020 Latenight Weeknight Records
  1. Smith, Kyle (2009-02-19). "Rather than depending on a label, A Shoreline Dream took a DIY path to reality". Westword. Consultado o 2020-04-17. 
  2. Thill, Scott (2009-02-13). "A Shoreline Dream's Sonics Outrun Terminology, Shoegaze". Wired. ISSN 1059-1028. Consultado o 2020-04-17. 
  3. "Latenight Weeknight Records". Latenight Weeknight Records. Consultado o 2022-07-29. 
  4. "A Shoreline Dream Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-07-29. 
  5. Rosen, Craig. "A Shoreline Dream Recollects Memories Of Shoegazing's Past". Yahoo! Music, 20 de febreiro de 2009.
  6. Neises, Kris. "Flyaway Minion in studio" "Dayton Daily News", 14 de setembro de 2006.
  7. "SXSW 2013". web.archive.org. 2013-07-03. Archived from the original on 03 de xullo de 2013. Consultado o 2022-07-29. 
  8. "ulrich schnauss & a shoreline dream - "london" bts". Consultado o 2022-07-29. 
  9. "3... 2... 1... A Rocket Girl Compilation (rgirl74)". Rocket Girl. 2015-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-29. 
  10. "FILTER Magazine - Media - A Shoreline Dream, The Chain (Fleetwood Mac Cover)". filtermagazine.com.
  11. "Rosie Huntington-Whiteley Photoshoot - British GQ". YouTube. Consultado o 2022-07-30. 
  12. Herrera, Dave. "A Shoreline Dream". Westword (en inglés). Consultado o 2022-07-30. 
  13. "The Land of Those Who Wander, by A Shoreline Dream". A Shoreline Dream (en inglés). Consultado o 2022-07-31. 
  14. "A Shoreline Dream - Dreaming Diary". ashorelinedream.blogspot.com. Consultado o 2022-07-31. 
  15. "184042-a-shoreline-dream-the-silent-sunrise, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2021-01-26. Consultado o 2022-07-31. 
  16. "Melting, by A Shoreline Dream". A Shoreline Dream (en inglés). Consultado o 2022-07-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]