Aaron Gray

Modelo:BiografíaAaron Gray

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Aaron Michael Gray Editar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Tarzana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEmmaus High School
Universidade de Pittsburgh (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso123 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago Bulls Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
New Orleans Pelicans
Toronto Raptors
Chicago Bulls
2003–2007 Pittsburgh Panthers men's basketball

Aaron Michael Gray, nado o 7 de decembro de 1984 no barrio de Tarzana, nos Ánxeles (California), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou oito tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,13 metros de altura, xogaba na posición de pivote. En 2015 un problema de corazón forzou a súa retirada do baloncesto profesional.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Gray foi escollido polos Chicago Bulls na 59ª posición do Draft da NBA de 2007. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2007 contra os Philadelphia 76ers.[1] O seu mellor partido chegou o 16 de abril de 2008 contra os Toronto Raptors, cando anotou 19 puntos e capturou 22 rebotes en 35 minutos de xogo, ademais de 2 asistencias.[2] Ao remate da tempada 2007-08, Gray acadou 262 puntos e 168 rebotes para os Bulls.

O 25 de xaneiro de 2010, Gray foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Devin Brown.[3] En xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Hornets.

En decembro de 2011, Gray asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[4]

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gray, Rudy Gay e Quincy Acy ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[5]

  1. Aaron Gray Complete 2007-08 Regular Season Game Log, ESPN.com
  2. Bulls beat Raptors as Toronto barely uses starters
  3. "Hornets Acquire Aaron Gray From Bulls". NBA.com. 2010-01-25. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-25. 
  4. "Raptors Sign Free-Agent Centre Aaron Gray". nba.com (en inglés). 11 de decembro de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  5. "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]