Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 685 Exipto |
Morte | marzo de 716 (30/31 anos) Sevilla, España |
Wali of Al-Ándalus (en) | |
714 – 716 ← Musa ibn Nusayr – Aiube ibne Habibe Aláquemi (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político, militar, gobernador |
Familia | |
Cónxuxe | Exilona (713–716) |
Fillos | Asima bint Abd al-Aziz |
Pai | Musa ibn Nusayr |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto |
Abd al-Aziz ibn Musa[1] (عبد العزيز بن موسى) foi o primeiro gobernador de Al-Andalus.
Foi o fillo do gobernador de Ceuta Musa ibn Nusayr, gobernador da Ifriqiya. Atravesou o estreito de Xibraltar en 712 para participar na toma da Hispania visigoda, tornándose no primeiro wali do Al-Andalus.
Conxuntamente co seu irmán Abd Allah, suprimiu a revolta en Sevilla, de onde partiu en dirección a Málaga, Granada e Orihuela para celebrar un pacto co conde visigodo Teodomiro, polo que este aceptaba o islam a cambio de conservar as súas terras. En 714 asumiu o cargo do pai, converténdose no terceiro emir da España musulmá.
Despois iniciou un período de conquistas que o levou até Tarragona e Narbona. No ano 715 toma como esposa a Exilona, viúva de Rodrigo, pero ante o seu crecente poder ao ano seguinte o califa Solimán o manda asasinar.