Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1031 (Gregoriano) Silves |
Morte | 1086 (Gregoriano) (54/55 anos) Sevilla |
Visir | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Taifa de Badaxoz |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Poeta |
Ocupación | escritor , ministro , xadrecista , gobernador |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua árabe |
Deporte | xadrez |
Abenamar' [1] ou Ibn Amar [2], nado en 1031 e finado en 1086, foi un poeta nado en Silves ou Estombar, ambos situados no actual Portugal, que chegou a ser primeiro ministro da Taifa de Sevilla.
Abenamar era pobre e pouco coñecido, a súa habilidade na poesía e, sobre todo, a súa beleza masculina, atraían ao mozo Al-Mutamid (r. 1069–1095), quen o nomeou primeiro ministro nalgún momento despois da morte do seu pai Al-Mutadid. Abenamar era coñecido por ser invencible xogando ao xadrez ; segundo Abdeluaid al-Marraquexi, a súa vitoria nunha partida convenceu a Afonso VI de León para que abandonase Sevilla.[3]
Planeou a anexión de Murcia ao reino de Sevilla, convencendo a Almutamid para que o convertese no seu gobernador. Rapidamente proclamouse rei e cortou os lazos con Al-mutamid. Caeu do poder rapidamente, sendo capturado nunha emboscada e preso en Sevilla. Inicialmente, Al-mutamid tendeu a perdoalo, pero máis tarde mostrouse indignado por algo que leu nunha carta interceptada enviada por Abenamar desde a súa cela. Foi o propio rei quen matou o poeta.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abenamar |