![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1915 ![]() Alxeciras, España ![]() |
Morte | 8 de xullo de 2011 ![]() Cidade de México ![]() |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, escritor de non ficción, crítico literario, profesor universitario, escritor ![]() |
Empregador | Universidade Nacional Autónoma de México Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Adolfo Sánchez Vázquez, nado en Alxeciras o 17 de setembro de 1915 e finado en Cidade de México o 8 de xullo de 2011, foi un filósofo, escritor e profesor mexicano oriúndo de España.[1]
Logo de estudar Filosofía na Universidade de Madrid, emigrou a México en 1939 xunto a outros miles de intelectuais, científicos e artistas, despois da caída da Segunda República Española, durante a Guerra Civil. Obtivo un doutoramento en Filosofía pola Universidade Nacional Autónoma de México, onde impartiu clases como profesor emérito. Foi presidente da Asociación Filosófica de México e membro do Consejo Consultivo de Ciencias de la Presidencia de la República.
Adoptou unha versión aberta, renovadora, crítica e non dogmática do marxismo. Con respecto á ética, opúxose ao normativismo.