Adonal Foyle

Modelo:BiografíaAdonal Foyle

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Canouan, San Vicente e as Granadinas Editar o valor en Wikidata
EducaciónHamilton Central School (en) Traducir
Colgate University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso114 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Memphis Grizzlies
Golden State Warriors
Orlando Magic
1994–1997 Colgate Raiders men's basketball
Premios

Adonal David Foyle, nado o 9 de marzo de 1975 en Canouan, San Vicente, é un ex xogador profesional de baloncesto de San Vicente e as Granadinas que xogou para os Golden State Warriors, Orlando Magic e Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Foyle asistiu á Universidade de Colgate, onde foi o máximo reboteador da historia da universidade e segundo máximo anotador. Abandonou a NCAA como máximo taponador de todos os tempos con 492, a pesar de xogar tres tempadas (Wojciech Myrda bateu a súa marca en 2002).

Foi seleccionado no Draft da NBA de 1997 na oitava posición por Golden State Warriors. Ao longo da súa carreira ha promediado 4.5 puntos e 1.9 tapóns por partido, finalizando entre o dez máximos taponadores por partido da tempada en tres ocasións. En xullo de 2004, os Warriors renovaron a Foyle por seis anos a razón de 42 millóns de dólares. O contrato foi criticado polos afeccionados, considerando que era demasiado excesivo para un xogador que participaba ao redor de 20 minutos por partido, e que ofensivamente era moi limitado. Nas dúas últimas tempadas, Foyle perdeu o rol de titular a favor de tres xogadores diferentes, entre eles o mozo Andris Biedrins. Na campaña 2005-06, fixo 4,5 puntos, 5,5 rebotes e 1,6 tapóns en 23,7 minutos por noite, mentres cobraba 7 312 500 $. En agosto de 2007 ficha por Orlando Magic como axente libre. O 19 de febreiro de 2009 foi traspasado a Memphis Grizzlies, aínda que non tardaría en regresar a Florida, onde actualmente forma parte do cadro, mais está inactivo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]