Aereogramme | |
---|---|
Orixe | Glasgow, Escocia |
Período | 1998 - 2007 |
Xénero(s) | rock alternativo, rock progresivo, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Chemikal Underground, Matador Records, Sonic Unyon |
Membros | Craig B. Iain Cook Campbell McNeil Martin Scott |
Artistas relacionados | The Unwinding Hours, Ganger, Isis, CHVRCHES, The Twilight Sad |
Na rede | |
http://www.myspace.com/aereogrammeofficial | |
Aereogramme foi unha banda escocesa de rock alternativo/progresivo formada en abril de 1998. Estivo composta por Craig B. (voces, guitarra), Iain Cook (guitarra, programación), Campbell McNeil (baixo) e Martin Scott (batería). Antes de separarse no ano 2007 a banda editou catro álbums de estudio.
Formada en abril de 1998, a banda editou dous sinxelos de 7" en 1999 a través do seu propio selo Babi-Yaga e xirou durante ese ano con Low, Geneva e Snow Patrol. O grupo asinou co selo Chemikal Underground a principios do ano 2000.[1] Nese momento editaron dous EPs antes de lanzar o seu primeiro álbum, A Story in White, no 2001.[2] No ano 2003 seguiulle Sleep and Release e a banda cambiaríase ao selo Undergroove Records antes do lanzamento do seu terceiro álbum, Seclusion. O grupo volvería a asinar con Chemikal Underground en agosto do 2006.
O seu cuarto álbum, My Heart Has a Wish That You Would Not Go, foi editado en Europa e nos Estados Unidos o 29 de xaneiro do 2007, e no Xapón o 14 de outubro do 2006, e collía o seu título da novela The Exorcist. Nunha o cantante Craig B. revelou o longo espazo entre os lanzamentos debeuse parcialmente a que perdera a súa voz durante seis meses.
O 11 de maio do 2007 Aereogramme anunciou a súa disolución. A banda realizou o seu derradeiro concerto no Connect Festival en Inverary, Escocia o 31 de agosto dese ano.
Iain Cook e Craig B. formaron posteriormente a banda The Unwinding Hours, coa cal editaron un álbum do mesmo nome en febreiro do 2010. Martin Scott traballa na actualidade coa banda escocesa Biffy Clyro como tour manager, e Campbell McNeil fai o mesmo traballo cos australianos The Temper Trap.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
A Story in White | 2001 | Chemikal Underground |
Sleep and Release | 2003 | Chemikal Underground |
Seclusion | 2004 | Undergroove |
My Heart Has a Wish That You Would Not Go | 2007 | Chemikal Underground, Sonic Unyon |