Aeroporto de Pittsburgh Pittsburgh International Airport
|
|
|
|
Sumario
|
Tipo
|
público/militar
|
Propietario
|
Condado de Allegheny
|
Operador
|
Allegheny County Airport Authority
|
Cidade/Illa
|
Pittsburgh
|
Elevación (msnm)
|
367 metros / 1 204 pés
|
Coordenadas
|
|
Web
|
http://www.flypittsburgh.com/
|
Pista(s)
|
Dirección
|
Longo
|
Superficie
|
metros
|
pés
|
10R/28L
|
3 505
|
11 500
|
formigón
|
10C/28C
|
3 284
|
10 775
|
asfalto/formigón
|
10L/28R
|
3 201
|
10 502
|
asfalto/formigón
|
14/32
|
2 469
|
8 101
|
formigón
|
Estatísticas (2017)
|
Pasaxeiros
|
8 988 016[1]
|
O aeroporto internacional de Pittsburgh (IATA: PIT, OACI: KPIT), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Greater Pittsburgh, é un aeroporto civil e militar estadounidense situado nos suburbios de Pittsburgh, Pensilvania. Está situado nos municipios de Findlay e Moon no condado de Allegheny, a uns 30 quilómetros ao oeste do centro de Pittsburgh.
Foi construído para substituír o aeroporto do condado de Allegheny, máis preto da cidade pero demasiado pequeno para poder manexar o crecente número de pasaxeiros. A construción do novo aeroporto comezou en 1946 e inaugurouse en 1952. Co paso das décadas o tráfico de pasaxeiros foise incrementando, especialmente cando US Airways estableceu un dos seus principais centros de conexións e ampliou os seus servizos domésticos e internacionais dende o aeroporto.
No ano 1987 o condado e a autoridade aeroportuaria levou a cabo unha gran mellora de case 1 000 millóns de dólares a petición de US Airways, que tiña un importante centro de conexións e asumiu gran parte dos gastos. As novas instalacións inauguráronse en 1992. A comezos do novo século as aeroliñas comezaron a ter problemas polos cambios nas condicións da economía, e US Airways comezou a reducir as súas operacións locais, cambiando por Filadelfia e Charlotte. Esta redución de voos cara ao final da década levou ao peche parcial de dous vestíbulos do aeroporto.
Dende o ano 2015 o aeroporto tivo éxito atraendo aeroliñas de baixo custo, como Allegiant Air, Frontier Airlines e Spirit Airlines, xunto coas compañías internacionais Condor Flugdienst e WOW air.
O aeroporto de Pittsburgh é o máis concorrido do oeste de Pensilvania e o segundo do estado tras o aeroporto de Filadelfia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 8 988 016 pasaxeiros.[1]
Aeroliñas |
Destinos |
Refs
|
Air Canada Express |
Montreal-Trudeau (comeza en maio de 2018), Toronto-Pearson |
[2]
|
Alaska Airlines |
Seattle/Tacoma (comeza en setembro de 2018) |
[3]
|
Allegiant Air |
Austin, Jacksonville (FL), Nova Orleáns, Orlando/Sanford, Punta Gorda (FL), St. Petersburg/Clearwater Estacional: Fort Walton Beach, Myrtle Beach, Savannah |
|
American Airlines |
Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Filadelfia, Phoenix-Sky Harbor Estacional: Cancún, Nova York-LaGuardia |
|
American Eagle |
Boston, Charlotte, Chicago-O'Hare, Miami, Nova York-JFK, Nova York-LaGuardia, Filadelfia, Raleigh/Durham, Washington-Nacional |
|
Apple Vacations |
Chárter: Cancún, Punta Cana Chárter estacional: Puerto Plata (comeza en marzo de 2018)<[4] |
[5]
|
Condor |
Estacional: Frankfurt |
[6]
|
Delta Air Lines |
Atlanta, Detroit, Minneapolis/St. Paul Estacional: Cancún, París-Charles de Gaulle |
[7]
|
Delta Connection |
Boston, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK, Nova York-LaGuardia Estacional: Orlando |
[7]
|
Elite Airways |
Sarasota |
[8]
|
Frontier Airlines |
Estacional: Denver, Orlando |
|
JetBlue Airways |
Boston, Fort Lauderdale |
|
OneJet |
Albany (NY), Cincinnati, Hartford, Indianapolis, Kansas City,[9] Louisville, Memphis (comeza en marzo de 2018),[9] Milwaukee, Providence, Richmond, West Palm Beach[9] |
|
Southern Airways Express |
Altoona, Bradford, DuBois (PA), Franklin/Oil City, Hagerstown (MD), Harrisburg, Jamestown (NY), Johnstown (PA), Lancaster (PA), Morgantown (WV) |
[10]
|
Southwest Airlines |
Atlanta, Baltimore, Chicago-Midway, Dallas-Love, Denver, Fort Lauderdale, Fort Myers, Houston-Hobby, Las Vegas, Os Ánxeles, Nashville, Nova Orleáns, Orlando, Phoenix-Sky Harbor, St. Louis, Tampa Estacional: Cancún (comeza en xuño de 2018),[11] West Palm Beach |
|
Spirit Airlines |
Dallas/Fort Worth, Fort Lauderdale, Las Vegas, Os Ánxeles, Orlando Estacional: Fort Myers, Myrtle Beach, Tampa |
[12]
|
United Airlines |
Chicago-O'Hare, Denver Estacional: Newark, San Francisco |
[13]
|
United Express |
Chicago-O'Hare, Houston-Intercontinental, Newark, Washington-Dulles |
[13]
|
Vacation Express |
Chárter estacional: Cancún, Cozumel (comeza en maio de 2018), Freeport (comeza en xuño de 2018), Montego Bay, Punta Cana |
[14]
|
WOW air |
Reiquiavik-Keflavík |
[15]
|
- ↑ 1,0 1,1 The Times (ed.). "Nearly nine million passengers used Pittsburgh International Airport in 2017". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ TrivLive (ed.). "Pittsburgh International Airport to get nonstop flights to Montreal". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Alaska Airlines (ed.). "Flight Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Pittsburgh Business Times (ed.). "Allegiant Air adds Dominican Republic flights". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Apple Vacations (ed.). "Pittsburgh, PA Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Condor (ed.). "Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Delta Air Lines (ed.). "Flight Status & Schedules". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Elite Airways (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Pittsburgh International Airport (ed.). "OneJet announces new routes from PIT to Palm Beach, Kansas City and Memphis". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Southern Airways Express (ed.). "Routes". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Travel Agent Central (ed.). "Southwest Launches New Flights to Cancun in 2018 Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 13,0 13,1 United Airlines (ed.). "Timetable". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Vacation Express (ed.). "Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Pittsburgh Post-Gazette (ed.). "Qatar Airways freighter service airlines cargo flights Pittsburgh International Airport". Consultado o 25 de marzo de 2018.