Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1980 (44 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto Le Rosey (pt) The Buckley School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música rock e Deseño de moda |
Ocupación | guitarrista, músico, compositor de cancións, cantante, deseñador de moda |
Período de actividade | 1999 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock, rock alternativo e garage rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Rough Trade Records |
Familia | |
Pai | Albert Hammond |
Páxina web | alberthammondjr.com |
Albert Louis Hammond, Jr., nado como Hammond III o 9 de abril de 1980 nos Ánxeles,[3] é un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. É coñecido principalmente polo seu traballo como guitarrista, ademais de teclista e corista ocasional, na banda de indie rock The Strokes. É fillo do cantautor Albert Hammond.
Hammond Jr. publicou o seu álbum de estrea en solitario, Yours To Keep, no ano 2006. En 2008 editou o segundo, ¿Cómo Te Llama?, seguido polo EP AHJ en 2013 e un terceiro álbum, Momentary Masters, en 2015. O seu derradeiro traballo ata a data, Francis Trouble, foi lanzado a través do selo Red Bull Records o 9 de marzo de 2018.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Yours to Keep | 2006 | Rough Trade Records |
¿Cómo Te Llama? | 2008 | Rough Trade Records |
Momentary Masters | 2015 | Vagrant Records, Infectious Music |
Francis Trouble | 2018 | Red Bull Records |
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
AHJ | 2013 | Cult Records |