Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1868 Madrid, España |
Morte | 10 de novembro de 1943 (75 anos) |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | compositor, pianista |
Empregador | Universidade de Míchigan |
Instrumento | Piano |
Alberto Jonás, nado en Madrid o 8 de xuño de 1868 e finado en Filadelfia o 10 de novembro de 1943, foi un pianista, compositor, e pedagogo español de gran prestixio na primeira metade do século XX. Algúns críticos considerárono un virtuoso do nivel de Ignacy Jan Paderewski, Moriz Rosenthal, Leopold Godowsky, Józef Hofmann, e Josef Lhévinne. Foi autor do tratado Master School of Modern Piano Playing and Virtuosity ("Escola maxistral da virtuosidade pianística moderna").
Nado en Madrid, fillo de pai e nai alemáns, o seu talento musical foi xa recoñecido a unha idade temperá. En 1880 o rei Afonso XII recibiuno nunha audiencia privada no Palacio Real de Madrid e Jonás foi inmediatamente aclamado como un prodixio. Inicialmente estuda no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Manuel Mendizabal (profesor de Isaac Albéniz ) no piano e Ciriaco Olave en órgano, e gradúause á idade de 12 anos. Durante os seguintes seis anos viaxa e vive en Bélxica, Inglaterra, Alemaña e Francia.
En 1886, á idade de 18 anos e contra á vontade dos seus pais, entra no Conservatorio Real de Bruxelas onde estuda durante catro anos co coñecido pupilo de Franz Liszt, Arthur De Greef e composición con François-Auguste Gevaert.
Ao graduarse en Bruxelas en 1890 participa no primeiro encontro internacional Competición Anton Rubinstein no Conservatorio de San Petersburgo. Grazas a isto acada o privilexio de ser un dos alumnos de Rubinstein en San Petersburgo durante tres anos. Ao longo da súa estancia convértese nun recoñecido pianista e mestre, e confraterniza con outros estudantes de Rubinstein como Josef Lhévinne, Józef Hofmann, Felix Blumenfeld, e Teresa Carreño. Durante este período Ignacy Jan Paderewski, actúa tamén como o seu mentor e aléntao a continuar os seus estudos de música. En 1891 fai en Berlín o seu debut como solista coa Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Hans von Bülow, interpretando o Concerto para piano de Paderewski en La menor, op. 17.
En 1893 establece a súa residencia na cidade de Nova York. É nomeado xefe do Departamento de Piano da Universidade de Míchigan en Ann Arbor. En 1895 interpreta o Concerto para piano Paderewski como solista coa Sociedade Sinfónica de Nova York no Carnegie Hall, coa dirección de Walter Damrosch. En 1877 ofrece o mesmo concerto coa Orquestra Sinfónica de Boston, baixo a batuta de Emil Paur. Ata 1904, ano no que decide regresar a Alemaña, desempeña tamén as tarefas de presidente e director do Conservatorio de Míchigan.
En 1904 instálase en Berlín e exerce de profesor no Conservatorio Klindworth-Scharwenka. O máis destacado dos seus alumnos é o neno prodixio Pepito Arriola (Ferrol 1895 – Barcelona 1954) quen en distintas entrevistas publicadas aporta material biográfico significativo sobre Jonas. Nun artigo da revista Étude en 1910, Arriola recordoa as súas experiencias con Jonas:
"Á idade de sete anos tiven a sorte de seguir as instruccións de Alberto Jonas, o español virtuoso, quen durante moitos anos estivo ao fronte dunha gran escola de música en Estados Unidos. Nunca podo estar o suficientemente agradecido con el, porque el aprendeume sen remuneración e nin siquera un pai podería ser máis amable comigo."
A Primeira Guerra Mundial obriga a Alberto Jonás a abandonar Alemaña e regresar a Nova York, onde finalmente se establece. Desde 1914 até a súa morte en 1943, vive en Nova York. Neste último período da súa vida Jonás foi profesor doCollege Combs of Music en Filadelfia
É durante esta súa segunda estancia en Nova York, cando inicia correspondencia con todos os grandes músicos e pianistas que coñecera co obxecto de pedir a súa colaboración na elaboración dun tratado de técnica pianistica ideado para abarcar "todas as características técnicas, estéticas e artísticas requiridas para o máis alto virtuosismo pianístico". Cos traballos de colaboración recibidos achega exercicios propostos especificamente para o tratado, así coma ideas sobre técnica, pedaleo e dixitación coa práctica de métodos, fraseo, memorización, etc, así coma tamén fotografías exclusivas que ilustran algúns dos aspectos.
Publicada por primeira vez en 1922 por Carl Fischer Music (Nova York) e na súa totalidade pola mesma editorial en 1929 a monumental Escola Maxistral da Virtuosidade Pianística Moderna (Master School of Modern Piano Playing and Virtuosity) de Alberto Jonas é o tratado máis completo de principios do século XX sobre a práctica do piano . Nos seus sete volumes conta coa colaboración de practicamente todos os grandes virtuosos do piano vivos da época, como Arthur Friedheim, Ignaz Friedman, Vasily Safonov, Ferruccio Busoni, Katharine Goodson, Leopold Godowsky, Alfred Cortot , Rudolph Ganz, Wilhelm Backhaus, Fannie Bloomfield Zeisler, Erno Dohnányi, Ossip Gabrilowitsch, Josef Lhevinne, Isidor Philipp , Moriz Rosenthal, Emil von Sauer, Leopold Schmidt e Zygmunt Stojowski, e inclúe extractos de máis dun milleiro de exemplos extraídos da literatura pianística para ilustrar puntos específicos.
Na amplitude de alcance, orixinalidade e claridade de execución, o libro non ten precedentes. Ferruccio Busoni considerouna "a obra máis monumental xamais escrita para piano". Josef Lhevinne calificouna como "a obra máis grande e máis valiosa no tema", e Moriz Rosenthal enxalzouna como "Obra mestra". Foi admirada tamén por Rakhmáninov, quen a mencionou na súa correspondencia epistolar.