Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Alberto Varo Lara 18 de marzo de 1993 (31 anos) Tarragona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alberto Varo Lara, nado o 18 de marzo de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Nàstic de Tarragona, que xoga como porteiro no Gimnàstic de Tarragona da Primeira Federación de fútbol.
Nado en Tarragona, Varo formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona no ano 2004, contadno naquela altura con 11 anos.[1] Debutou como sénior co Pobla Mafumet, filial do Nàstic na temporada 2012–13 en Terceira División. O 27 de febreiro de 2014, despois de que Manolo Reina e Tomeu Nadal non estivesen dispoñíbeis, Varo foi chamado para xogar co primeiro equipo na Segunda División B ante o Valencia CF Mestalla.[2] O seu debut chegaría tres días despois, sendo titular no empate 2-2 fóra da casa. O 8 de xullo de 2015, tras ser peza chave no ascenso do filial á Segunda División B, asinou un contrato por tres temporadas co primeiro equipo..[3] Tras ser cedido durante dúas temporadas ao Futbol Club Barcelona B da Segunda División, o 10 de xullo de 2018 asina dpor dúas temporadas, máis outra opcional, co CD Lugo.