Alec Brown

Modelo:BiografíaAlec Brown
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Winona, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWinona Senior High School (en) Traducir
University of Wisconsin–Green Bay (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura216 cm Editar o valor en Wikidata
Peso107 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
BC Nizhny Novgorod
2010–2014 Green Bay Phoenix men's basketball
2015–2015 Motor City Cruise
Participou en
2017Copa América de Basquetebol Masculino de 2017 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Alec Brown, nado o 23 de xullo de 1992 en Winona, Minnesota, é un xogador profesional de baloncesto internacional estadounidense que xoga para o Movistar Estudiantes da Liga ACB. Cunha estatura de 2,16 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote e pivote. En 2014 foi escollido na segunda rolda do Draft da NBA polos Phoenix Suns.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Brown asistiu ao instituto "Winona Senior High School" en Winona, Minnesota. No seu terceiro ano como "junior", fixo unha media 14,2 puntos e 7,0 rebotes por partido. No seu último ano como "senior", fixo 22,4 puntos, 9,8 rebotes e 4,9 tapóns por partido. Liderou ao seu instituto a unha marca de 29-2 e finalizaron en terceiro lugar no Campionato Clase AAA de Minnesota. O 8 de xaneiro de 2010, Brown rexistrou un triplo-dobre con 22 puntos, 12 rebotes e 12 tapóns contra o instituto "Mankato West High School".[1] Foi nomdado "Xogador do Ano Winona Daily News",[2] tamén foi nomeado no mellor quinteto estatal Associated Press, no mellor quinteto estatal do campieonato Clase AAA, e no mellor quinteto da Big 9 Conference.[3] Durante a súa carreira no instituto estabeleceu sete récords en Winona, tales como puntos nun partido (44), puntos nunha temporada (650), tapóns nun partido (13), tapóns nunha temporada (141), tiros de campo anotados nun partido (18), tiros de campo anotados nunha temporada (247), e tiros libres anotados nunha temporada (152).

Universidade

[editar | editar a fonte]

Brown converteuse no primeiro xogador de seis pés de estatura en asinar con Green Bay do instituto "Winona Senior High School". Na súa primeira temporada como "freshman" en 2010-11, Brown foi nomeado no mellor quinteto debutante da Horizon League, xa que estabeleceu as marcas da universidade de tapóns, tales como tapóns nun partido (8), tapóns nunha temporada (67), e tapóns por un "freshman" (debutante) nunha temporada (67). Brown logrou anotar dobres díxitos en 18 partidos e foi o terceiro máximo anotador do equipo. En 32 partidos, fixo unha media de 10,2 puntos, 5,6 rebotes e 2,1 tapóns en 25,1 minutos por partido.[4]

Na súa segunda temporada como "sophomore" en 2011-12, Brown foi nomeado no mellor quinteto da Horizon League, primeiro xogador "sophomore" de Green Bay en ser elixido o equipo desde Jeff Nordgaard en 1993-94. Tamén foi nomeado no segundo mellor quinteto do Distrito 12 da NABC. Brown estabeleceu unha nova marca de 11 tapóns contra Wright State, esa marca tamén foi o número máis alto logrado esa temporada por calquera xogador nacional. Brown rexistrou 100 tapóns no partido número 43 da súa carreira, o xogador dos Phoenix en chegar máis rápido aos 100 tapóns. Tamén rexistrou un total de 89 tapóns esta temporada rompendo a marca do equipo, o cal logrou no seu primeiro ano. Na Horizon League, finalizou sexto en anotación (13,9), empatado en primeiro lugar en rebotes (8,4) e segundo en tapóns por partido (3,2), tamén finalizou empatado en noveno lugar na nación en tapóns por partido (3,0). En 30 partidos, fixo unha media de 13,8 puntos, 8,2 rebotes e 3,0 tapóns en 31,3 minutos por partido, acadou cifras dobres 23 veces.[4]

Na súa terceira temporada como "junior" en 2012-13, Brown foi nomeado no segundo mellor quinteto da Horizon League, e no mellor quinteto do distrito 12 da NABC por segunda temporada consecutiva. Brown alcanzou entrar ao club dos 1,000 puntos, tamén estivo entre os líderes da Horizon League en anotación, rebotes, rebotes ofensivos, rebotes defensivos e tapóns. En 34 partidos, fixo unha media de 14,1 puntos, 6,0 rebotes, 1,7 tapóns e 1,2 asistencias en 30,6 minutos por partido.[4] Ademais acadou 20 ou máis puntos en 6 partidos, logrando cifras dobres en 24 partidos.[5]

Na súa cuarta e última temporada como "senior", Brown foi nomeado no mellor quinteto da Horizon League por segunda vez, e no mellor quinteto do distrito 12 da NABC por terceira temporada consecutiva, tamén foi elixido Xogador Defensivo do Ano da Horizon League. Foi nomeado xogador da semana da Horizon League 4 veces. O 23 de novembro de 2013, Brown rexistrou un triplo-dobre con 15 puntos, 10 rebotes e 10 tapóns nunha vitoria por 92-57 contra Minnesota Duluth.[6] O 21 de decembro de 2013, Brown estabeleceu a súa marca persoal de 40 puntos nunha vitoria contra Fairfield.[7] Tamén rexistrou o total de 94 tapóns rompendo novamente a marca do equipo, o cal superou na súa primeira temporada e despois na súa segunda temporada. Acadou 20 ou máis puntos en 8 partidos, logrando cifras dobres en 22 partidos.[8] En 30 partidos, fixo unha media de 15,3 puntos, 5,7 rebotes, 3,1 tapóns e 1,0 asistencias en 30,3 minutos por partido.[4]

Ao terminar a temporada, Brown anotou 1,678 puntos na súa carreira universitaria, ocupando o quinto lugar de todos os tempos na historia dos Green Bay Phoenix. Ademais logrou 309 tapóns na súa carreira, rompendo a marca anterior da universidade. Os 309 tapóns tamén empataron a marca da Horizon League de máis tapóns nunha carreira. Con 94 tapóns en 2013-14, 89 tapóns en 2011-12, 67 tapóns en 2010-11 e 59 tapóns en 2012-13, Brown ten os catros mellores temporada en tapóns totais na historia da universidade. Ocupa o terceiro lugar na historia do equipo en rebotes totais nunha carreira, atrapando 800. Ese total é o máis alto por un xogador dos Phoenix na era da División I.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Tras finalizar a súa etapa no baloncesto universitario, Brown adestrouse para preparar o Draft da NBA de 2014. Chamou a atención na Combine de Chicago ao ser un xogador que medía 2,16 metros sen calzado cun destacábel lanzamento de entre todos os participantes, incluíndo 18 de 25 lanzamentos de tres a distancia NBA.[9] O 26 de xuño elixido na 50ª posición polos Phoenix Suns.[10] Uns días máis tarde uniríase ás Ligas de Verán da NBA cos Suns. Porén, durante o último encontro da competición ante os Dallas Mavericks, Brown resultou mancado no seu ombro esquerdo durante o primeiro cuarto. Tras ter que operarse da lesión tivo que pasar varios meses de recuperación. En setembro asina contrato cos Suns para xogar na NBA, mais é despedido tres días despois. Inicialmente, Brown tiña pensado xogar para o Obradoiro unha vez recuperado da lesión, mais finalmente decide xogar na NBA G League. Concretamente, asina polos Bakersfield Jam en febreiro, o afiliado da G League dos Suns. No seu debut consegue facer seis puntos e cinco tapóns na vitoria do seu equipo ante Los Angeles D-Fenders. Durante a súa estadía cos Jam, fixo unha media de 7 puntos, 3,5 rebotes e 2 tapóns en 20 partidos.

En xullo de 2015 Brown regresa aos Phoenix Suns para a Liga de Verán das Vegas.[11] Con todo, o 31 de xullo de 2015, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB a temporada 2015−16.[12] En 29 partidos cos santiagueses fixo unha media de 6,1 puntos (42% en triplas) e 2,9 rebotes por partido. En xullo de 2016 de novo volve á Liga de Verán cos Suns, mais o equipo decide finalmente renunciar aos seus dereitos sobre o xogador. Posteriormente asina cos Windy City Bulls, afiliado dos Chicago Bulls da G League para a seguinte temporada. Debutou cos Bulls o 11 de novembro de 2016, facendo 17 puntos, 6 rebotes e tres tapóns ante os Long Island Nets. O 6 de abril de 2017 asina co Movistar Estudiantes para o que restaba de Liga ACB, onde en 6 partidos fai unha media de 14,5 puntos (64% en triplas) e 2 rebotes por partido. Ao ano seguinte segue a xogar para o equipo madrileño, finalizando a campaña con 10,8 puntos (37,3% en triplas), 4,5 rebotes e 1 tapón por partido. Tras finalizar a campaña asina co Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

O 29 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo BC Nizhny Novgorod.[13]

Internacional

[editar | editar a fonte]

Brown xogou coa selección absoluta dos Estados Unidos na FIBA AmeriCup de 2017, onde gañou a medalla de ouro.

  1. "WSHS's Brown is triple trouble for Scarlets". WinonaDailyNews.com (en inglés). 9 de xaneiro de 2010. 
  2. "Winona Daily News boys basketball player of the year: Alec Brown of Winona". WinonaDailyNews.com. 10 de abril de 2010. 
  3. "Alec Brown Biography". GreenBayPhoenix.com. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Alec Brown Stats". Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  5. "Alec Brown 2012-13 Game Log". Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  6. "Minnesota-Duluth 57, Green Bay 92". Sports-Reference.com. 23 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  7. "Fairfield 58, Green Bay 74". Sports-Reference.com. 21 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  8. "Alec Brown 2013-14 Game Log". Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  9. Helin, Kurt (16 de maio de 2014). "Notes out of first couple days of NBA Draft Combine". NBCSports.com. 
  10. "Suns Pick Alec Brown at No. 50". NBA.com. 26 de xuño de 2014. 
  11. "Suns Announce 2015 Summer League Roster". NBA.com. 7 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  12. "Obradoiro announces Alec Brown". Sportando.com. 31 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  13. [http://nn-basket.ru/en/news/?ELEMENT_ID=31653 Alec Brown joins Nizhny Novgorod]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]