Alejandro Sotillos

Sotillos
Información persoal
Nome Alejandro Sotillos Miarnau
Nacemento 28 de xaneiro de 1998
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,80 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 4
Carreira xuvenil
2005–2006 Atlético Pinto
2006–2017 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2020 Real Madrid Castilla 0 (0)
2017–2018 UD Logroñés 20 (2)
2018–2019 Fuenlabrada 24 (1)
2019– Fuenlabrada 101 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 31 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Sotillos Miarnau, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1998 é un futbolista español que xoga de defensa no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista durante once anos na canteira do Real Madrid, á que chegou en 2006, con oito anos, procedente do Atlético Pinto. Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club branco ata chegar ao equipo xuvenil, co que ás ordes de Guti se proclamou campión da Copa de Campións e da Copa do Rei Xuvenil.[1]

Rematada a súa etapa de xuvenil, saíu cedido á UD Logroñés e ao Fuenlabrada, ambos da Segunda División B, Co segundo deles conseguiu o ascenso á Segunda División, sendo unha peza fundamental do conxunto dirixido por Mere,[2] pero na penúltima xornada de liga sufriu unha grave lesión, rompendo o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.[3]

A continuación regresou ao Real Madrid Castilla, pero en decembro de 2019, volveu de novo ao Fuenlabrada.[2] Recuperado da lesión, debutou na categoría de prata o 2 de febreiro de 2020, sendo titular nunha derrota na casa por 0-1 ante o Girona.[4]

  1. "El Juvenil de Guti asegura el futuro del Real Madrid". As (en castelán). 7 de maio de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Martín, Kiko (11 de decembro de 2019). "El Fuenlabrada 'reficha' al defensa Sotillos hasta 2022". As (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  3. "Fuenlabrada: Sotillos se rompe el ligamento cruzado anterior" (en castelán). 14 de maio de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2023. 
  4. "Stuani conquista el Fernando Torres y el Girona lo celebra". Marca (en castelán). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]