Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Morte | 1937 (31/32 anos) |
Causa da morte | morte en combate |
Alex McDade, nado en 1905 e finado en 1937, foi un poeta e soldado escocés.
Nado en Glasgow, McDade uniuse ao Partido Comunista de Gran Bretaña despois de presenciar as dificultades económicas e as inxustizas que sufrían os seus compañeiros de traballo.
Marchou a España para loitar coa XV Brigada Internacional na guerra civil española. Foi comisario político do batallón británico e resultou ferido na batalla de Jarama en febreiro de 1937. [1] Morreu o primeiro día da batalla de Brunete en Villanueva de la Cañada (hoxe na Comunidade de Madrid), o 6 de xullo de 1937.
Escribiu o poema "Valley of Jarama" , letra da canción "Jarama Valley", tamén chamada "Vale de Jarama" con música baseada en "Red River Valley" canción folclórica dos EUA. Foi publicada en 1938 en The Book of the XV International Brigade polo Comisariado de Guerra. [2] A canción tivo versións en inglés, castelán, alemán (por Ernst Buch) e ruso, e foi versionada tamén anos máis tarde por Woody Guthrie e Pete Seeger entre outros.[3]