Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1869 Amiens, Francia |
Morte | 29 de abril de 1958 (89 anos) París, Francia |
Presidente Sociedade Matemática de Francia | |
xaneiro de 1933 – decembro de 1933 ← Gaston Julia – Jean Chazy → | |
Director Escola Superior de Minas de París | |
1929 – 1936 ← Gabriel Chesneau – Félix Leprince-Ringuet (pt) → | |
Vicepresidente Société française des électriciens (en) | |
1926 – 1929 | |
Datos persoais | |
Residencia | Versalles |
Educación | Escola Politécnica Escola Superior de Minas de París |
Actividade | |
Ocupación | físico, enxeñeiro, profesor universitario |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
|
Alfred-Marie Liénard, nado en Amiens o 2 de abril de 1869 e finado en París o 29 de abril de 1958, foi un físico e enxeñeiro francés. Os seus estudos centráronse na teoría da electricidade e o magnetismo.[1]
Alfred-Marie Liénard estudou na Escola Politécnica de Francia de 1887 ata 1889, e na Escola Superior de Minas de Saint-Étienne de 1889 ata 1892. Desenvolveuse como enxeñeiro de minas en Valencia, Marsella e Angers dende 1892 ata 1895. Na Primeira guerra mundial serviu no exército francés.[1]
Entre 1895 e 1908, foi profesor na Escola Superior de Minas de Saint-Étienne e, posteriormente, na Escola Nacional Superior de Minas de París, entre 1908 e 1936, onde foi catedrático de Electricidade Industrial. Foi subdirector de dita escola entre 1918 e 1929, e director da mesma desde 1929 ata o seu retiro en 1936. Presidiu a Sociedade Matemática de Francia durante 1933.
En 1898 (e dous anos despois, Emil Wiechert), deduciu os agora chamados potenciais de Liénard–Wiechert, que describen o efecto electromagnético clásico de unha carga eléctrica puntual en movemento en termos dun campo potencial e escalar.
As súas dúas únicas obras puramente matemáticas foron impulsadas polos seus estudos en mecánica. Na primeira delas[2], xunto con Henri Chipart, estableceron o criterio de Liénard-Chipart para determinar cando a parte real das raíces dunha ecuación alxébrica é negativa, con interese en problemas relacionados coa radioelectricidade. Na segunda delas[3], estudou en profundidade a ecuación de Liénard polo seu interese en aplicacións a circuítos eléctricos e sistemas onde aparecen oscilacións autosostenidas, isto é, sen acción dunha forza externa.