Alice Waddington

Modelo:BiografíaAlice Waddington
Biografía
Nacemento(es) Irene Lago Editar o valor en Wikidata
31 de xullo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAlice Waddington Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -

Páxina webalicewaddington.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6563565 Twitter: alicewadd Instagram: alicewadd BNE: XX6100513 Editar o valor en Wikidata

Alice Waddington, nada Irene Lago Clavero o 31 de xullo de 1990 en Bilbao, é unha directora de cine, escritora, fotógrafa e deseñadora de vestiario española,[1][2] que desenvolveu a maior parte do seu traballo no campo do cine moderno. O seu estilo de dirección está definido por unha aproximación contemporánea á era de ouro das grandes producións de terror (1920–1970) das compañías de cine clásicas como Hammer Films ou Universal, mesturado con humor surrealista actual e ás veces cine musical.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bilbao co nome de Irene, sendo filla dunha psicóloga catalá e un profesor galego, e adoptou o nome artístico de Alice Waddington aos 16 anos, cando era asistente do director de fotografía Quique López.[3] Aos 18 anos comezou a estudar publicidade na Universidade do País Vasco, onde comezou a realizar fotografías de promoción e a dirixir filmacións de moda como fotógrafa e axudante de fotografía para as edicións españolas de Harper's Bazaar e Neo2 entre outras.

Entre os 20 e os 23 anos traballou como creativa publicitaria, produtora e editora de vídeos publicitarios nas axencias Leo Burnett Iberia e Social Noise, especializándose tamén como artista de storyboards dixitais.

Actress Ana Rujas on Alice Waddington's short film Disco Inferno
A actriz Ana Rujas rodeada por un muro de lume de efectos especiais durante a rodaxe de Disco Inferno, curtametraxe dirixida por Waddington.

En 2014, coa axuda da produtora executiva mexicana Yadira Ávalos, Waddington tomou un ano de descanso na axencia de publicidade para escribir e dirixir unha curtametraxe. Co apoio de patrocinadores,[4] produciu o seu primeiro filme narrativo de 11 minutos,[5] Disco Inferno (2015), que recibiu nomeamentos en 63 festivais internacionais de cine, varios deles especializados no xénero de terror como Palm Springs,[6] Fantasía, Sitges. (Premio Noves Visions Short)[7] ou o Fantastic Fest, que a premiou como Mellor Directora na súa categoría.[8] Recibiu ademais outros once premios en festivais internacionais, cunha considerable presenza da curtametraxe en festivais estadounidenses e canadenses.

En 2017 comezou a produción da súa primeira longametraxe, Paradise Hills,[8] coa produtora española Nostromo Pictures.[2][9] A película é un suspense de ciencia ficción escrito por Brian DeLeeuw e Nacho Vigalondo.[10] Foi estreado en 2019.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Directora Guionista Produtora Notas
2015 Disco Inferno Si Si Si Curtametraxe
2019 Paradise Hills Si Si Non
  1. "La nueva brigada de It Girls españolas" (en castelán). 18 de xullo de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Spanish film-makers to follow: the magnificent seven" (en inglés). 1 de abril de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  3. ""Todas las mujeres somos hermanas y criticarnos es una lucha dañina e inútil"" (en castelán). 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  4. "Entrevista" (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  5. "Undistributed and Honorable Mentions (2015)" (en inglés). 26 de decembro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  6. "ShortFest directors pick favorite packages of short films" (en inglés). 20 de xuño de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  7. "‘Invitation’ Tops Sitges" (en inglés). 17 de outubro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Hopewell, John (13 de agosto de 2015). "‘Amateurs,’ ‘Paradise Hills,’ ‘Kiken’ Set for Austin Fantastic Market" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  9. De Pablos, Emiliano (14 de xaneiro de 2016). "Atresmedia, Warner’s ‘Palm Trees’ Dislodges ‘Star Wars’ from Spanish B.O. No. 1 Berth" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  10. Rubinstein, Mark (1 de maio de 2016). "'The Dismantling': A Conversation With Brian DeLeeuw" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2022.