Alien Nación | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alien Nation |
Director | Graham Baker |
Produtor | Gale Anne Hurd Richard Kobritz |
Guión | Rockne S. O'Bannon |
Intérpretes | |
Música | Curt Sobel |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Kent Beyda |
Estudio | 20th Century Fox American Entertainment Partners |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 7 de outubro de 1988 15 de decembro de 2001 (TVG) |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Recadación | $32 155 047[1] |
Na rede | |
Alien Nación (en inglés: Alien Nation) é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Graham Baker que se estreou en 1988. Está protagonizado por James Caan, Mandy Patinkin e Terence Stamp. O filme conta o proceso de asimilación dos "Newcomers", unha raza alieníxena que se asenta nos Ánxeles, malia o rexeitamento da poboación local. O argumento baséase nos xéneros neo-noir e policiaco, centrándose na unión entre un veterano policía detective (Caan) e un extraterrestre (Patinkin); o primeiro detective Newcomer.
Estreouse en galego o 15 de decembro de 2001 a través da TVG.[2]