![]() (1973) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1941 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Morte | 2 de agosto de 2013 ![]() Tel Aviv, Israel ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Universidade de Tel Aviv ![]() |
Ocupación | xadrecista, profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade de Tel Aviv ![]() |
Nacionalidade deportiva | Unión Soviética Israel ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Título de xadrecista | Mestra Internacional Femenina (1962) Gran Mestra Feminina (1976) ![]() |
Puntos ELO (màx.) | 2.430 (2013)< |
Participou en | |
1976 | Women's Chess Olympiad 1976 (en) ![]() |
1972 | Women's Chess Olympiad 1972 (en) ![]() |
1969 | Olimpíada de xadrez para mulheres de 1969 (pt) ![]() ![]() |
Alla Shulimovna Kushnir (hebreo: אלה שולימובנה קושניר; ruso: Алла Шулимовна Кушнир), nada en Moscova o 11 de agosto de 1941 e finada en Tel Aviv o 2 de agosto de 2013, foi unha xadrecista israelí. Emigrou da URSS a Israel en 1974. A FIDE outorgoulle os títulos de Mestra Internacional Feminina en 1962 e Gran Mestra Feminina en 1976.[1] En 2017 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[2]
Kushnir foi tres veces seguidas campioa do Mundial Feminino de Xadrez. Perdeu a loita polo título ante Nona Gaprindashvili:
No Torneo de Candidatos de 1964 en Sukhumi empatou nos tres primeiros postos con Milunka Lazarević e Tatiana Zatulovskaia. Gañou en Beberjik en 1967, así como o Torneo de Candidatos dese ano en Subotica, e foi subcampioa en Belgrado en 1968. Empatou con Nikolau polo 1º e o 2º posto en Sinaia en 1969, e con Vobralova polo 2º e o 3º posto en Wijk aan Zee en 1971. Volveu gañar en Belgrado e en Moscova en 1971 e en Vrnjačka Banja en 1973, ficou en 3º lugar en Voronezh en 1973 (detrás de Zatulovskaia e Saunina), e gañou o Interzonal de 1976 en Roosendaal xunto con Akhmilovskaia.
Kushnir gañou tres veces as Olimpíadas de Xadrez Feminino. En Lublin 1969[3] e en Skopje 1972[4] fíxoo como membro do equipo soviético, e en ambas ocasións obtivo os mellores resultados da 2ª rolda. En Haifa 1976 gañou como xogadora do equipo israelí, co mellor resultado da 1ª rolda.[5]
Finou en 2013 en Tel Aviv, nove días antes de facer os 72 anos.