Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1526 (Gregoriano) Valladolid, España |
Morte | 21 de febreiro de 1616 (89/90 anos) Sevilla, España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Administration and management of the church (en) , teoloxía e sistema educativo |
Ocupación | escritor, teólogo, sacerdote, pedagogo |
Alumnos | Francisco Suárez |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Alonso Rodríguez,[1] nado en 1526 en Valladolid (Coroa de Castela) e finado o 21 de febreiro de 1616 en Sevilla (Reino de Sevilla, Coroa de Castela), foi un mestre xesuíta e escritor ascético.
Naceu en Valladolid en 1526.[2] Aos 20 anos de idade entrou na Compañía de Xesús. Logo de completar os seus estudos, foi profesor de teoloxía moral no colexio de Monterrei durante doce anos, e posteriormente foi mestre de novizos durante doce anos máis, e reitor durante outros dezasete.[2] Posteriormente foi pai espiritual en Córdoba durante once anos.[2] Como mestre de novizos tivo ao seu cargo ao teólogo Francisco Suárez. Durante o exercicio destes encargos Alonso caracterizouse polo seu coidado, dilixencia e caridade.[2] Finou en Sevilla o 21 de febreiro de 1616.[2]
É autor da obra Exercicio de perfección y virtudes christianas, baseada nos materiais recollidos das súas exhortacións espirituais aos seus irmáns relixiosos, e publicada por desexo dos seus superiores. Malia ser un libro indicado inicialmente para a vida relixiosa, destinouno tamén para a formación dos laicos; trátase dunha obra afastada de misticismos e especulacións, con instrucións prácticas sobre as virtudes orientadas para levar unha vida cristiá. Tivo gran popularidade, con máis de 25 edicións completas en lingua castelá publicadas, máis de dezaseis en francés, máis de vinte en italiano, máis de dez en alemán e máis de oito en latín; o libro ten sido traducido á maioría das linguas europeas e a moitas do leste.[2]