Andrea Iannone

Modelo:BiografíaAndrea Iannone

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Vasto, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor en Wikidata
Número deportivo29 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRegalino Iannone Editar o valor en Wikidata

Páxina webandreaiannone.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: andreaiannone29 Twitter: AndreaIannone29 Instagram: andreaiannone Editar o valor en Wikidata

Andrea Iannone, nado en Vasto, Italia, o 9 de agosto de 1989, é un piloto profesional de motos que corre actualmente en MotoGP cunha Ducati Pramac e é compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Andrea comezou a destacar como bo piloto en campionatos italianos e españois, e en 2005 realizaría a súa primeira fichaxe por Aprilia para disputar a tempada completa. No ano siguinte (2006) fracturouse dúas vértebras, o que lle condicionou toda a vida. Foi no 2008, no GP da China, onde conseguiu a súa primeira vitoria coma profesional na categoría de 125 cc.

Tempada 2009

[editar | editar a fonte]

En 2009 comezou dunha maneira espectacular, con dúas vitorias consecutivas,[1] que o poñían como o líder do Campionato e serio aspirante ao título, pero a súa inexperiencia e a súa irregularidade relegárono á sétima posición do campionato ao rematar a tempada.

Neste mesmo ano produciuse un dos incidentes máis significativos da súa carreira deportiva, no Gran Premio de San Marino derribou na última curva a Pol Espargaró, que ía primeiro despois de remontar 13 posicións. Produciuse un rifirrafe entre eles, durante o cal Espargaró golpeou e rompeu á cúpula da moto de Iannone, e este reaccionou dándolle un cabezazo a Espargaró co casco posto. Despois, o piloto italiano díxolle á prensa: Eu non lle toquei porque me da noxo. Os españois son así, el quería gañar e eu tamén. Disgústame telo tirado, porque non o fixen a propósito. Se me conformase co segundo posto non pasaría isto, pero quería gañar. Por este suceso, sancionaron a Iannone con 5.000 dólares e foi duramente criticado polos medios de comunicación, causando a perda dalgún patrocinador. Na seguinte carreira, en Estoril, Iannone disculpouse con Espargaró.[2]

Tempada 2010

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010, Andrea Iannone correu na nova categoría de Moto2. Ese ano fichou polo equipo Aprilia onde compartiu equipo con Gabor Talmacsi. Despois dun comezo lento, conseguiu vitorias en Mugello e Assen. Porén foi sancionado en Barcelona, ​​cando recibiu unha penalización "ride-through" por adiantar a Yuki Takahashi baixo condicións de bandeira amarela. A continuación, pasou a gañar de novo en Motorland Aragón, unha pista nova no calendario de MotoGP en 2010. Rematou terceiro no Mundial, conseguindo 3 vitorias e 5 podios.

Tempada 2011

[editar | editar a fonte]

No ano 2011, Iannone firmou polo equipo Speed Master Team, do que é socio seu pai, sendo o único piloto do equipo. Rematou a tempada no terceiro posto do mundial de Moto2 por detrás de Stefan Bradl e Marc Márquez, tras gañar a Alex de Angelis na última carreira da tempada (Valencia) e así lograr 3 vitorias e 6 podios.

Tempada 2012

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2012 seguiu no mesmo equipo (Speed Master Team) e rematou a tempada en Moto2 quedando terceiro no Mundial, por detrás de Pol Espargaró e Marc Márquez. En setembro dese ano anunciou que para a próxima tempada correría en MotoGP cunha Ducati Pramac e sería compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.[3]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Equipo Moto Carreiras Vitorias Podios Pole Puntos Posicións
2005 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 15 0 0 0 20 20º
2006 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 11 0 0 0 15 22º
2007 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 0 0 0 26 20º
2008 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 1 1 1 106 10º
2009 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 16 3 4 2 122.5
2010 Moto2 Speed Up FTR Moto M210 17 3 8 5 199
2011 Moto2 Suter Suter MMXI 17 3 6 0 177
2012 Moto2 Speed Up Speed Up 12 2 5 0 165
2013 MotoGP Ducati Ducati Pramac
Total 122 12 24 8 830.5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]