André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac

Modelo:BiografíaAndré Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac
Nome orixinal(fr) André Étienne d'Audebert de Férussac Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1786
Chartron, preto de Lauzerte, Provincia de Quercy (hoxe Tarn-et-Garonne)
Morte21 de xaneiro de 1836
París
Q61466357 Traducir
21 de outubro de 1830 – 31 de maio de 1831
Sub-prefect of Compiègne (en) Traducir
1815 – 1815 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Campo de traballoMalacoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaFérussac Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaFérussac Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJean Baptiste Louis d'Audibert de Férussac Editar o valor en Wikidata  e Marie Catherine Josèphe de Rozet Editar o valor en Wikidata
Premios
Oficial da Lexión de Honor
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina
Membro da Academia de Ciencias de Turín

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1223669 WikiTree: Audebard_de_Férussac-2

O Barón André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac, nado o 30 de decembro de 1786 na vila de Chartron, preto de Lauzerte, antiga Provincia de Quercy (hoxe departamento de Tarn-et-Garonne), e finado o 21 de xaneiro de 1836 en París, foi un naturalista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Férussac era fillo de Jean Baptiste Louis d'Audibert de Férussac, naturalista, e de Marie Catherine Josèphe de Rozet. Seu pai publicara innumerábeis artigos sobre os moluscos. Ao ser alistado seu padre na Armada francesa do Rin, o pequeno de Férussac foi levado á casa dos seus parentes maternos, en Arbois. Alí formou abundantes coleccións de minerais, fósiles, cunchas e insectos. Estudou particularmente Linguas e Matemáticas.

Aos 18 anos leu ante a Academia de Ciencias de Francia unha Mémoire sur de petits crustacés que observara en Chartron. Celebrado por Georges Cuvier, o seu traballo foi publicado nos Annales du Muséum d'histoire naturelle.

No exército

[editar | editar a fonte]

En 1811 Férussac enrolouse no exército de Napoléon Bonaparte e combateu en Jena e en Austerlitz. Foi gravemente ferido durante a campaña de España, no sitio de Zaragoza. Recuperado das súas feridas, chegou a ser o axudante de campo do xeneral Daricaud, seguíndoo a Andalucía. Debeu abandonar España por enfermidade, e deixou o servizo militar co grao de capitán.

Foi nomeado subprefecto da illa de Oléron en 1812. Publicou en 1813, o seu Journal de mes campagnes en Espagne, contenant un coup d'œil sur l'Andalousie; une dissertation sur Cadix et son île, la Relation histoire du siège de Saragosse. Debeu deixar as súas funcións en 1814, coa protección do emperador. Durante os Cen Días, foi brevemente subprefecto de Compiègne.

En París

[editar | editar a fonte]

Férussac reiniciou a súa carreira militar e obtivo en 1816 o grao de subxefe, e en 1818 foi o Xefe do Estado Maior da duodécima división. Trasladouse a París, onde estivo a cargo das cátedras de Xeografía e de Estatística na Escola Militar de Aplicación. Renunciou a elas en 1819 para traballar co Ministro da Guerra. Publicuó en 1821 De la géographie et de la statistique considérées dans leurs rapports avec les sciences qui les avoisinent de plus près.

En 1822 publicou Tableau systématique des animaux mollusques, e proseguiu unha publicación comezada polo seu pai baixo o título de Histoire naturelle générale et particulière des mollusques terrestres et fluviatiles (4 vols. 1820-1851).

Lanzou en 1823 o Bulletin général et universel des annonces et des nouvelles scientifiques, onde suxire a idea dun sistema de telegrafía mundial para permitir a difusión inmediata do coñecemento. Este proxecto durou nove anos e contou con 170 tomos en nove seccións: Matemática, Historia natural, Medicina, Agronomía, Tecnoloxía, Xeografía, Historia e Ciencia militar. A lista de colaboradores foi extremadamente variábel e, a pesar dos seus esforzos, foi un fracaso comercial.

Publicou un gran número de artigos nas revistas científicas da súa época, notabelmente en Annales du Muséum, Annales générales de sciences physiques (1819-1821), Journal de physique, Dictionnaire classique d'histoire naturelle(1822-1831) de Bory de Saint-Vincent, Bulletin des sciences etc.

En 1828, obtén do gobernador Martignac a autorización para dar comezo aos alicerces dun Museo de Etnografía, reunindo coleccións chegadas dos catro puntos do planeta, e en contra do proxecto concorrente de Jomard. De Férussac tivo grandes amigos nos irmáns Champollion (Jean-François Champollion, Thérèse Champollion e Marie Champollion). Redirixiu as instrucións das exploracións de D'Orbigny e de Dumont d'Urville.

Algúns taxons descritos por Férusac

[editar | editar a fonte]

Férussac nomeou e describiu numerosos taxons de gasterópodos, incluíndo:

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Entre as obras escritas por Férussac están:

Foi tamén, desde 1822, o editor do Bulletin général et universel des annonces et des nouvelles scientifiques.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Férussac emprégase para indicar a André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Férussac emprégase para recoñecer a André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.