Nome orixinal | (el) Ανδρόνικος Ασάν |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 1280 |
Morte | 1332 (Gregoriano) (42/52 anos) |
Estratego | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Familia | |
Familia | Dinastia Asen (pt) |
Fillos | Irene Asanina, Johannes Asanes, Manuel Comneno Raoul Asen |
Pais | João Asen III da Bulgária e Irene Paleóloga |
Irmáns | Michael Asan Isaac Asan Manuel Asan Constantine Asan Theodora Palaiologina Asanina Maria Asanina |
Andrónico Asen, finado en 1322, foi o gobernador da provincia bizantina de Morea entre 1316 e 1322.
Andrónico Asen era o fillo do tsar búlgaro Iván Asen III e Irene Palaeoloxina, irmá do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo.
Os seus pais tiveron que fuxir do país en 1280 durante a revolta de Ivaylo e refuxiáronse no territorio bizantino. Tras a morte de Miguel Cantacuzeno, Andrónico II deulle a Andrónico Asen o goberno da pequena provincia bizantina de Morea (parte sur-oriental da península).
Cantacuzeno xa conseguira consolidar a provincia e coñeceu algún éxito contra o principado franco de Acaia no norte. Asen continuou do mesmo xeito, aproveitando a disensión interna en Acaia. Conquistou unha gran parte do territorio no centro da Morea. En 1320, tomou os castelos de Akova, Polifengo, Karitaina e San Xurxo, en Skorta.
Andrónico Asen estaba casado cunha tal Tarchaneiotissa, filla do protostrator Miguel Glabas Tarchaniotes.
Tiveron, polo menos, catro fillos: