Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Angélica María Cepeda Jiménez 2 de agosto de 1974 (50 anos) Cartaxena de Indias, Colombia |
Residencia | Os Ánxeles Barranquilla Bogotá |
Altura | 166 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo |
Período de actividade | 1992 - |
Familia | |
Irmáns | Lorna Cepeda |
|
Angélica María Cepeda Jiménez, nada en Magangué o 2 de agosto de 1974, é unha actriz colombiana de cinema e televisión. Deuse a coñecer por telenovelas como Luz María (1998) ou Pobre Diabla (2000), ámbalas dúas emitidas en España pola TVE. Tamén ten traballado en series españolas como Vientos de Agua (2006) e Los protegidos estreada ó 12 de xaneiro do 2010 por Antena 3.
Angie Cepeda criouse en Barranquilla. Os seus pais, José Cepeda e Yadhira Jiménez, avogados, estaban divorciados dende había ben tempo, polo que Angie medrou canda a súa nai e mailas súas dúas irmás máis vellas Lorna e Ivette.
Houbo un tempo en que Cepeda decidiu estudar edición, porén descubriría a súa vocación no drama e mudouse a Bogotá para vivir cunha tía. Angie comezou os seus cursos de teatro, e foi contratada por unha compañía de cervexa para a que fixo algúns anuncios. Logo, ela foi interpretando en pequenos papeis en varias telenovelas e películas en Colombia.
A sorte chagaríalle cando conseguiu un papel na telenovela Las Juanas, fronte Susana Torres, chamando a atención a produtores de televisión que lle ofrecerían emprego en novelas de horario prime time; unha delas sería o papel principal en Luz María (1998), xunta Christian Meier e Rosalinda Serfaty, e o seu papel protagonista como "Fiorella Morelli Flores de Mejía-Guzmán" en Pobre Diabla (2000), fronte Salvador del Solar e Santiago Magill.
A pesar do éxito no eido das telenovelas, sobre todo en Luz María e Pobre Diabla, ámbalas dúas telenovelas peruanas que a deron a coñecer internacionalmente, o seu degoxo era facer cine, que é o que máis lle gusta. Afirmou deixar o mundo das telenovelas para se dedicar por enteiro ó cine.
A súa primeira intervención no mundo cinemático foi cun pequeno papel no filme Ilona llega con la lluvia (1996). O seu primeiro papel protagonista chegou da man do director peruano Francisco Lombardi quen a convenceu de representar unha prostituta chamada "La Colombiana" en Pantaleón y las visitadoras (2000). Foi un grande éxito en Colombia, España, o Perú e a Arxentina e recibiu boas críticas pola súa actuación. Tamén tivo enormes eloxios pola súa beleza e sensualidade debido á nudez e escenas quentes de sexo na película con Salvador del Solar.
Cepeda protagonizou Il paradiso all'improviso (2003), filmada en Italia, Samy y yo (2002), polo que recibiu críticas moi favorábeis. Con Love for Rent estréase falando inglés nun filme.
É a irmá máis nova da tamén actriz colombiana Lorna Paz (Yo soy Betty, la fea). Cepeda tivo unha relación co cantante Diego Torres.