Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángela María Fernández González 5 de setembro de 1990 (34 anos) Palma, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, actriz de cinema |
Período de actividade | 2007 - |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Entertainment |
Participou en | |
2024 | Benidorm Fest 2024 |
Sitio web | angyfernandez.es |
|
Ángela María Fernández González, coñecida co nome artístico de Angy, nada o 5 de setembro de 1990 en Palma, é unha cantante e actriz española. Saltou á fama grazas a ser finalista do programa de televisión Factor X de Cuatro.
En febreiro de 2007 presentouse ao cásting do programa musical Factor X da canle española Cuatro, conseguindo chegar á parte final do programa dentro da categoría de entre 16 e 24 anos.
Publicou o seu primeiro álbum o 12 de febreiro de 2008 coa discográfica Sony BMG, co título de Angy. O disco, de doce cancóns, tivo o tema "Sola en silencio" como primeiro sinxelo. No álbum mestura de inéditos e versións interpretados en castelán e inglés, cun estilo pop-rock moi tradicional. É un reflexo da grande versatilidade e posibilidades de Angy, que xa o demostrou en Factor X, acadando o segundo lugar.
Dende finais do ano 2007 comezou tamén a súa faceta como actriz na serie Física o química, que se emitiu en Antena 3. En 2011 participou no novo talent show de Antena 3 Tu cara me suena, resultando a gañadora desa primeira edición.
Durante o ano 2012 Angy foi colaboradora do programa Avanti ¡que pase el siguiente! de Antena 3 presentado por Carlos Sobera onde realizaba probas musicais.
Actuacións en Factor X | |
---|---|
Programa | Canción |
1 | "Serenade" de Dover |
2 | "Torn" de Natalie Imbruglia |
3 | "Duele el amor" de Aleks Syntek e Ana Torroja |
4 | "The Look" de Roxette |
5 | "We Will Rock You" de The Queen |
6 | "Fallin'" de Alicia Keys |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angy Fernández |