Antilopininos Antilopini | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Antilope cervicapra macho | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A dos antilopininos (Antilopini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.
Comprende varias especies de gacelas de mediano tamaño, que viven no Sáhara e ao redor deste deserto, no Corno de África e en Eurasia.[1]
Viven en pequenas mandas que teñen un macho territorial como líder e, ás veces, únense con outras especies de gacelas. A súa pelaxe é brillante, de cor parda ou canela. A maioría das especies teñen listas negras e marcas faciais. As femias teñen os cornos moi curtos en comparación cos machos.[2] Alcanzan velocidades máximas deaté 60 km/h, e teñen a capacidade de saltar e xirar bruscamente. Están ben adaptados á vida en contornos abertos.[3]
A tribo foi creada en 2003 polos científicos franceses Alexandre Hassanin, e Emmanuel J. P. Douzery, especialistas en filoxenia e anatomía comparada, no seu traballo "Molecular and morphological phylogenies of Ruminantia and the alternative position of the Moschidae". Systematic Biology 52 (2): 206-228.[4]