Antonio Machín

Modelo:BiografíaAntonio Machín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Sagua la Grande, Cuba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 1977 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Fernando en Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, músico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBolero Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoOdeon
Discophon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0532719 BNE: XX874025 Musicbrainz: 3ebec7a6-bed1-47b7-a589-3f60dbdae61a Discogs: 609923 Allmusic: mn0000591620 Find a Grave: 7033563 Editar o valor en Wikidata

Antonio Abad Lugo Machín,[1] nado en Sagua la Grande o 11 de febreiro de 1903 e finado en Madrid o 4 de agosto de 1977, foi un cantante cubano de boleros e de música popular que baseou o seu repertorio na música cubana e a balada romántica.

Intérprete de recoñecido prestixio no ámbito castelanfalante, é célebre polas súas recreacións, entre outras, de cancións como "El manisero", "Dos gardenias" ou "Angelitos negros". O seu disco El manisero, gravado en 1930 acompañado pola orquestra de Don Azpiazu para a compañía Victor de Nova York, constituíu o primeiro éxito millonario en vendas da música cubana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia pobre duns quince irmáns da localidade cubana de Sagua la Grande, Antonio traballou de neno en diversos oficios. Os seus pais foron José Lugo Padrón, emigrante galego e a afrocubana Leoncia Machín.[2] Axiña manifestou a súa afección ao canto, alternando o seu traballo como albanel co canto na igrexa, nos teatros e trala pantalla da sala de cine da súa cidade. Chegou a unirse ata tres veces con grupos de músicos ambulantes que pasaban pola súa cidade camiño da Habana. En 1911, o párroco de Sagua púxoo a cantar no altar maior. Nunha ocasión, con motivo dunha festa benéfica interpretou o Ave María de Schubert subido a unha cadeira e recibiu o aplauso de toda a poboación.

Ao cumprir vinte anos, manifestou o seu desexo de ser barítono,[3] e estudar bel canto e ópera, mais pensou que pola súa raza o seu repertorio quedaría reducido a Otelo. Mentres a súa nai lle inculcaba o amor á música, o seu pai vía a súa actitude como propia de individuos de vida irregular e case inmoral.

En 1926 chegou á Habana, onde se iniciou como solista nos cafetíns acompañado do guitarrista Miguel Zaballa. A reputación do dúo chegou a ouvidos da burguesía habanera, que non dubidou en contratalos. Chegou a cantar nunha emisora de radio, onde coincidiu con Don Azpiazu, que o contratou como segundo cantante da súa orquestra, co que foi o primeiro cantante negro que actuou no Casino Nacional da Habana, lugar da burguesía máis racista e excluínte. Sen deixar a Azpiazu, fundou un sexteto que realizou as súas primeiras gravacións en 1929. O éxito foi inmediato con "Aquellos ojos verdes", á que seguiu "El manisero". En 1930 deixou Cuba, onde non volveu ata 1958. En abril de 1930 chegou a Nova York integrando a orquestra de Don Azpiazu. Estivo catro anos na cidade formando parte doutras moitas agrupacións: José Escarpenter y su Orquesta, Orquesta Antillana de Rafael Hernández, Julio Roque y su Orquesta, Armando Valdespí y su Orquesta, ademais das dirixidas por el mesmo, a Orquesta Machín e o Cuarteto Machín.

Moi coñecido xa nos escenarios latinos de Nova York, onde popularizou "El manisero" de Moisés Simons e gravou unha seire de títulos ao longo da primeira metade da década de 1930, marchou a Europa en 1936. Tras unha breve estadía en Londres, actuando no teatro Adelphya, chegou a París, onde a música cubana tiña unha forte presenza dende a década de 1920. En París formou o grupo Antonio Machín y su Orquesta, con Moisés Simons no piano, realizando a partir de entón varias gravacións. En 1936 gravou tamén coa orquestra de Eduardo Castellanos. Namorado dunha moza francesa chamada Line, realizou con ela e coa súa orquestra unha xira por Suecia, onde non quixo quedar debido ao clima e volveu a París.

Tumba de Antonio Machín no Cemiterio de San Fernando de Sevilla.

Posteriormente, Machín foi a España, onde nacera o seu pai e onde vivía un dos seus irmáns xa dende a década de 1920. Chegou de vacacións en 1939, tratando de fuxir da segunda guerra mundial, mais atopando a dura realidade da posguerra. Chegou co saxofonista dominicano Napoleón Zayas e decidiu quedar en Madrid. En 1943 casou en Sevilla con María de los Ángeles Rodríguez e a esa cidade levou parte dos seus familiares cubanos. Actuou en salas de fiestas como "Shanghái" (chamada tralo cambio de nomes estranxeiros "Sala Bolero"), cobrando vinte e cinco pesetas diarias. O primeiro éxito que tivo en España foi "Noche triste", un fox melódico gravado cos Mihuras de Sobré, orquestra que acompañou a Machín nos seu primeiros éxitos e da que despois se separou. Outros dos primeiros éxitos foron "Cómo fue", "Moreno" ou "Amor sincero". En 1947 chegou o seu maior éxito en España, a «canción moruna» "Angelitos negros", que se converteu en bolero mediante un arranxo musical na década de 1960.

Dous compositores importantes na súa carreira foron o cubano Osvaldo Farrés (autor de temas como "Madrecita", "Toda una vida", "No me vayas a engañar", "Quizás, quizás, quizás" ou "Ay de mí") e a mexicana Consuelo Velázquez (autora de "Bésame mucho", "Será por eso" e "Amar y vivir"). Tamén cómpre salientar a única versión da cubana Isolina Carrillo, que converteu nun dos seus grandes éxitos, "Dos gardenias".

En España, xa con máis de sesenta discos gravados e co seu Cuarteto Machín, chegoulle a consagración grazas a unha adaptación absoluta ao país, como o demostra a frase, moi citada, de que se trataba do "máis cubano dos españois e do máis español dos cubanos".[4] En España, Machín atopou todo o que buscaba, e gustábanlle especialmente Madrid, Sevilla (onde atopou o amor) e Alacant, onde pasaba longas tempadas no seu apartamento da praia de Sant Joan. Tamén frecuentaba Barcelona, onde actuou por vez primeira ao chegar a España.

Polo seu carácter serio e humilde, Machín foi moi ben acollido na España da época, chegando a impoñer o seu estilo persoal no bolero. En Alcalá de Guadaíra o 7 de xuño de 1977 saíu esgotado de escena e non puido regresar. Foi a súa última actuación, falecendo en Madrid o 4 de agosto do mesmo ano, na súa casa da rúa Xeneral Mola (hoxe Príncipe de Vergara), aos 74 anos de idade. Foi enterrado na tumba número 52 da Praza do Cristo do Calvario do Cemiterio de San Fernando de Sevilla.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Antonio Machín. Heredia, Pedro. Editorial Miguel Arimany SA. Barcelona, 1976. ISBN 84-7211-090-7.
  • Machín, toda una vida. Jover, Eduardo. La Esfera de los Libros. Madrid, 2002.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]