As If I Am Not There | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | As If I Am Not There |
Director | Juanita Wilson |
Guión | Eliseo Altunaga |
Intérpretes | Stellan Skarsgård Nataša Petrović |
Fotografía | Tim Fleming |
Estrea | Bosnia: 26 de xullo de 2010 4 de marzo de 2011 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Irlanda |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.asifiamnotthere.com/ | |
As If I Am Not There (en serbio: Као да ме нема, Kao da me nema) é un filme irlandés de 2010 dirixido por Juanita Wilson. O filme está ambientado nos Balcáns e foi rodado en lingua serbocroata.[1] Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios,[1][2][3] mais finalmente non foi nomeado.[4]
O filme conta a historia dunha mestra nova que viaxa até unha vila remota. Despois de que a vila é atacada, ela é encarcerada e violada xunto coas demais mulleres da vila. Baséase na novela homónima de Slavenka Drakulić que trata a violación durante a guerra de Bosnia.[5]