Atmen | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Atmen |
Director | Karl Markovics |
Guión | Karl Markovics |
Intérpretes | Thomas Schubert Karin Lischka Gerhard Liebmann |
Fotografía | Martin Gschlacht |
Estrea | Festival de Cannes: 19 de maio de 2011 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Austria |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.atmen-der-film.at/ | |
Atmen é un filme austríaco de 2011 escrito e dirixido por Karl Markovics.[1] O filme conta a historia dun recluso de 19 anos nun centro de detención para menores, cunha solicitude de liberdade condicional pendente, que é desafiado a reconsiderar a súa identidade por un traballo nun depósito de cadáveres. Está protagonizado por Thomas Schubert, Karin Lischka e Gerhard Liebmann, e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2011. Schubert gañou o premio ó mellor actor na 17ª edición do Festival de Cinema de Saraxevo pola súa interpretación, outorgado por Angelina Jolie.[2]
O filme foi escollido por Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios,[3][4] mais finalmente non foi nomeado.[5]