Aureliano in Palmira Aureliano en Palmira | |
---|---|
Última mirada da raíña Zenobia a Palmira, por Herbert Schmalz. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | Libreto anterior para Zenobia in Palmira (1789) |
Estrea | 26 de decembro de 1813 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdido |
Personaxes | |
Aureliano in Palmira (en galego Aureliano en Palmira) é unha ópera (dramma serio) con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano xeralmente atribuído a Felice Romani. A súa estrea tivo lugar o 26 de decembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Alessandro Rolla.
A historia estaba baseada nun libreto de Gaetano Sertor para a ópera de 1789 de Pasquale Anfossi Zenobia in Palmira e céntrase na rivalidade entre o emperador romano Aureliano e o príncipe Arsace de Persia pola fermosa Zenobia, raíña de Palmira.
O libreto está asinado coas siglas G. F. R., mais é xeralmente atribuído a Giuseppe Felice Romani,[1] aínda que outras veces é atribuído ao descoñecido Gian Francesco Romanelli.[2] Suxeriuse que o último nome pode ser o resultado dunha confusión de Romani con Luigi Romanelli, o poeta de La Scala anterior á chegada de Romani ao posto.
O dúo entre Zenobia e Arsace do Acto 1, Se la m'ami, o mia regina ("Se ti me amas, oh miña raíña"), foi moi admirada por Stendhal. A pesar de que nunca vira unha representación completa de Aureliano in Palmira, escoitou o dúo nun concerto en París e describiu a súa música como "sublime" e un dos mellores dúos que Rossini escribira.[3] Outra música desta ópera, particularmente a abertura, foi posteriormente reempregada por Rossini en Elisabetta, regina d'Inghilterra e en Il barbiere di Siviglia.[4]
Aureliano in Palimira foi o segundo encargo que o Teatro alla Scala lle fixo a Rossini. Abriu a tempada de Tempada de Carnaval do teatro co famoso castrato, Giovanni Battista Velluti no papel de Arsace. Foi o único papel escrito por Rossini para castrato. Rossini escribiu orixinalmente o papel de Aureliano para Giovanni David, un dos máis renombrados tenores do seu tempo. Porén, debido a problemas durante os ensaios levaron a David a abandonar a produción, e Luigi Mari ocupou o seu lugar.[5] A popular soprano, Lorenza Correa, cantando o papel da raíña Zenobia. A orquestra foi dirixida na estrea por Alessandro Rolla e a dirección de escena de Alessandro Sanquirico.[6]
A noite da estrea resultou decepcionante para os críticos milaneses que eloxiaron a produción pero consideraron a súa música inferior á de Tancredi, tamén de Rossini e estreada en Venecia a principios dese mesmo ano. Tamén houbo críticas aos tres cantantes principais.[7] A ópera tivo unha xeira de 14 representacións en La Scala esa tempada e foi representada esporádicamente en varios teatros italianos (incluído o Teatro San Carlo en Nápoles) entre 1814 e 1831. Tamén foi representada en Londres en 1826, novamente con Velluti como Arsace. Logo a ópera caeu máis ou menos no esquecemento.
A súa primeira representación moderna tivo lugar en setembro de 1980 no Teatro Politeama en Xénova baixo a dirección de Giacomo Zani, con Paolo Barbacini momo Aureliano, Helga Müller-Molinari como Arsace, e Luciana Serra encarnando a Zenobia. Houbo outra revitalización da ópera importante en 1996 no Festival "Rossini in Wildbad" baixo a dirección de Francesco Corti, con Donald George como Aureliano, Angelo Manzotti no papel de Arsace, e Tatiana Korovina como Zenobia.
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de decembro de 1813[5] (Director: Alessandro Rolla) |
---|---|---|
Aureliano, emperador de Roma | tenor | Luigi Mari |
Zenobia, raíña de Palmira, amante de Arsace | soprano | Lorenza Corrèa |
Arsace, príncipe de Persia | castrato / contralto | Giambattista Velluti |
Publia, filla de Valeriano, namorada en segredo de Arsace | mezzosoprano | Luigia Sorrentini |
Oraspe, xeneral do exército palmireno | tenor | Gaetano Pozzi |
Licinio, un tribuno | baixo | Pietro Vasoli |
El Gran Sacerdote | baixo | Vincenzo Botticelli |
Sacerdotes, doncellas palmirenas, palmirenos, persas, pastores e pastoras; soldados persas, palmirenos e romanos |
A raíña Zenobia, o seu amante Arsace, e os sacerdotes ofrecen sacrificios no Templo de Isis e rezan pola súa salvación ante a proximidade do exército romano. O xeneral Oraspe entra ao son de música militar e anuncia que o exército de Aureliano está ás portas de Palmira. Arsace promete as súas tropas persas para defender a cidade. Logo dunha escena dramática de batalla na planicies fora da cidade, os persas son derrotados. Os soldados romanos celebran a súa vitoria. Aureliano chega e trata a Arsace, agora o seu prisioneiro. El respóndelle ao Eperador con dignidade e afirma o seu amor por Zenobia, dicindo que está disposto a morrer por ela.
Dentro dos muros de Palmira, Zenobia escondeu os tesouros do reino nas vóvedas baixo o pazo. Ela decide facer un último esforzo coas súas tropas para salvar a cidade. Zenobia pídelle a Aureliano unha tregua para que poida falar con el e obter a liberdade dos prisioneiros, entre eles Arsace. Ante o rexeitamento de Aureliano a liberar os prisioneiros, ela pídelle poder ver a Arsace unha última vez. Zenobia e Arsace choran ante o seu destino. Aureliano entra e promete liberar a Arsace coa condición de que abandone a Zenobia. Arsace négase e é sentenciado a morte. Os exércitos romano e palmireno prepáranse para a derradeira batalla.
Palmira foi agora conquistada polos romanos. Aureliano entra no pazo de Zenobia e decláralle o seu amor, mais ela o rexeita. Mentres tanto Oraspe libera a Arsace, que escapa polos outeiros xunto ao río Éufrates, onde está protexido por un grupo de pastores. Os soldados de Arsace reúnense con el e dinlle que Zenobia foi tomada como prisioneira. Arsace ponse en marcha para liberala e prepara un novo ataque contra os romanos coas tropas de Palmira.
No pazo, aureliano propón a Zenobia que reinen xuntos en Palmira. Unha vez máis, Zenobia o rexeita. Máis tarde esa noite, Arsace e Zenobia encóntranse de novo á lúz da lúa e abrázanse. Cando son descubertos polas tropas romanas, piden morrer. Aínda que admira o seu valor e a devoción do un cara ao outro, Aureliano decreta que rematen os seus días en celas separadas. Publia, a filla dun xeneral romano e segredamente namorada de Arsace, pídelle a Aureliano que se apiade del.
A escena final ten lugar nunha gran cámara do pazo de Zenobia. Os líderes e os sacerdotes dos palmirenos derrotados reúnense suplicando a Aureliano. Oraspe, Arsace e Zenobia son levados á cámara encadeados. Aureliano, ten un cambio de corazón e libera a Zenobia e Arsace para que reinen xuntos en Palmira coa condición de que xuren lealdade ao Imperio Romano. Eles aceptan, e eloxian o corazón xeneroso de Aureliano. O coro canta con ledicia, "Torni sereno a splendere all'Asia afflitta il dì." ("Que o día esclareza sereo e brile pola sufrinte Asia.")
A partitura de Rossini require a utilización de:
Para os recitativos:
Ano | Elenco: Aureliano, Zenobia, Arsace, Gran Sacerdote |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [9] |
---|---|---|---|
1981 | Paolo Barbacini, Luciana Serra, Helga Müller-Molinari, Carlo Cava |
Giacomo Zani, Orquestra do Teatro dell'Opera Giocosa de Xénova e Coro Gregorio Magno |
CD de son: Sarx ANG Cat: 97001 |
1996 | Donald George, Tatiana Korovina, Angelo Manzotti, Alexander Alnicolli |
Francesco Corti, I Virtuosi di Praga Coro de Cámara Checo (Gravación en directo do "Rossini in Wildbad" Festival) |
CD de son: Bongiovanni Cat: GB 2201/2-2 |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |