(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1986 (38 anos) Arguineguín, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 16 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Aythami Artiles Oliva, nado en Arguineguín (Gran Canaria) o 2 de abril de 1986, é un futbolista español. Xoga de defensa no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF. Disputou preto de 500 partidos como profesional, a maioría deles na UD Las Palmas, e logrou tres ascensos á Primeira División con tres equipos diferentes (Xerez, Deportivo da Coruña e Las Palmas).
Comezou a súa carreira futbolística no CD Arguineguín da súa localidade natal, onde tivo como compañeiro a David Silva e como adestrador a Juan Carlos Valerón.[1] En 2003 fichou pola UD Las Palmas, aínda en idade xuvenil, e debutou co filial, o UD Las Palmas B, na Terceira División. Unha boa primeira temporada no filial, sumado ao descenso do primeiro equipo a Segunda B levouno ó primeiro cadro de xogadores para a temporada 2004/05. Tras dous anos en Segunda B o equipo canario conseguiu o ascenso a Segunda División para a temporada 2006/07, temporada na que o central amosou as súas cualidades para o fútbol profesional.
No 2007 fichou polo Deportivo da Coruña,[2] co que debutou en Primeira Divisón na xornada 5 da tempada 2007/08, xogando de titular contra o Recreativo de Huelva en Riazor, aproveitando a baixa de Albert Lopo.[3] Con todo, ese foi o seu único partido no equipo galego ese ano, polo que tanto o club herculino coma o xogador chegaron á conclusión de que era necesario buscar unha alternativa para non frear a progresión do futbolista. Esta solución chegou cando o Deportivo acordou co Xerez a cesión do xogador para o resto da temporada.[4]
O canario chegaba a un club con problemas económicos e en postos de descenso, pero a pesar dos problemas, soubo adaptarse rapidamente, ao encontrarse con compañeiros como Momo ou Adrián Martín, cos que coincidira na canteira da UD Las Palmas. Conseguiu facerse coa titularidade no centro da defensa, contribuíndo á permanencia.
Ao final desa tempada Dépor e Xerez CD chegaron a un acordo para ampliar a cesión por unha temporada máis, na que Aythami conseguiu consolidarse definitivamente como titular indiscutíbel no centro da defensa, contribuíndo decisivamente no primeiro ascenso á Primeira División na historia do club.[5] Continuou cedido no club andaluz na seguinte campaña en Primeira, sendo titular durante a maior parte da tempada, na que o equipo volveu caer a Segunda.
No verán de 2010 volveu ao Dépor, pasando a formar parte do cadro de xogadores do club galego para a tempada 2010/11.[6] O canario volveu xogar co equipo galego, tres anos despois, na sexta xornada, saíndo desde o banquiño no Santiago Bernabéu como substituto de Zé Castro.[7] No seu primeiro partido como titular, sendo o central dunha defensa de cinco homes, o Deportivo conseguiu a súa primeira vitoria da tempada por 3–0 ante o Espanyol.[8] Na xornada seguinte marcou o seu primeiro gol co Deportivo no triunfo por 1–2, ante o Levante.[9] Disputou 24 partidos durante a tempada, na que o equipo de Lotina descendeu á Segunda División dúas décadas despois.
Continuou no club galego dous anos máis, proclamándose no primeiro deles campión de Segunda con récord de puntos, mentres que na tempada 2012/13 volveu descender.
No verán de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo e regresou á UD Las Palmas, na Segunda División, asinando por catro anos.[10] Titular na zaga durante as dúas primeiras tempadas, conseguiu o ascenso á Primeira na 2014/15, sendo este o seu terceiro ascenso á máxima categoría con tres clubs diferentes. Despois de máis dun cento de partidos, en xaneiro de 2018 rescindiu o seu contrato e fichou polo Córdoba.[11]
Fíxose coa titularidade inmediatamente trala súa chegada ao Córdoba, que viviu ese ano unha convulsa tempada con ata catro adestradores. Na penúltima xornada contra o Reus, un gol de Aythami nos derradeiros instantes deulle a vitoria ao equipo andaluz e sacouno do pozo do descenso no que levaba metido case dende o comezo da tempada.[12] O equipo logrou a permanencia na derradeira xornada, e Aythami xogou media tempada máis no club, antes de rescindir o seu contrato en xaneiro de 2019.
Regresou entón á UD Las Palmas, comezando a súa terceira etapa no club insular.[13] Xogou dúas tempadas e medias no club amarelo, aínda que na última delas perdeu boa parte da campaña por unha lesión.[14] Disputou un total de 49 partidos nesta etapa, cos que acadou un total de 274 encontros co club.
En xullo de 2021 fichou polo Gimnàstic de Tarragona, da nova Primeira División RFEF.[14]
Foi internacional coa selección española sub-19 en tres ocasións entre 2004 e 2005.