Bandolera | |
---|---|
Formato | Drama romántico |
Creado por | Tirso Calero |
Dirixido por | Joan Noguera |
País de orixe | ![]() |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Jaume Banacolocha e Joan Bas |
Localización(s) | Andalucía (s.XIX) |
Duración | 70 min. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 10 de xaneiro de 2011 |
Derradeiro episodio | 11 de xaneiro de 2013 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/bandolera/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bandolera foi unha serie de televisión española ambientada na Andalucía do século XIX e producida por Diagonal TV para Antena 3. Foi estreada o luns 10 de xaneiro ás 22:00 horas en Antena 3,[1] para a partir do martes, ocupar a franxa da sobremesa, pasándose a emitirse ás 16.00h ata o 11 de xaneiro de 2013, cando se emitiu o último capítulo. A primeira tempada tivo 168 episodios e a segunda chegou aos 340.
En agosto de 2012 varios portais de Internet deron a coñecer a noticia de que Antena 3 ía dar fin a Bandolera a principios de xaneiro de 2013. Isto debeuse a que a cadea comprou a serie Amar en tiempos revueltos de La 1, xa que a produtora Diagonal TV rompeu o contrato con esta, polo que Antena 3 decidiu non renovar a serie porque non había espazo suficiente para tres novelas na mesma cadea. Así, a serie finalizou as súas emisións o 11 de xaneiro de 2013 para dar paso a Amar es para siempre, continuación de Amar en tiempos revueltos.
A serie baséase nos acontecementos ocorridos na localidade de Arazana na Andalucía da segunda metade do século XIX: os bandoleiros, o nacemento da Garda Civil (a súa fundación en 1844) e a aparición dos ideais anarquistas entre os oprimidos campesiños. Con todos estes ingredientes, 'Bandolera' intenta ofrecer un retrato do día a día de 1882.
O eixo vertebral de 'Bandoleira' é unha poderosa historia de amor imposible: a do Tenente Miguel Romero, Sara e Roberto (o líder dos xornaleiros do pobo). Ao redor, vanse desenvolvendo as historias da familia rica do pobo -os Montoro-, en contraste coa pobre, os Pérez.
Os personaxes que viven na vila debuxan o marco desta serie. As súas vivencias diarias, persoais e cotiás porán un punto de acidez ás historias de amor, de caciquismo e de rebelión. E ao fondo de todos eles, unha partida de bandoleiros dispostos a loitar pola súa supervivencia da forma que mellor saben, asaltando a aqueles que atravesen os seus camiños.
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor telenovela ou serial | Bandolera | Nomeada |
Unión de Actores
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actor secundario de televisión | Tomás del Estal | Nomeado |