Batalla de Gaza | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Conflito entre Hamás e Fatah | |||||||||||||
Franxa de Gaza | |||||||||||||
| |||||||||||||
Belixerantes | |||||||||||||
Hamás | Fatah | ||||||||||||
Baixas | |||||||||||||
22 combatentes | 77 combatentes |
A Batalla de Gaza (en árabe: معركة غزّة) foi un conflito militar entre Hamas e Fatah que tivo lugar entre o 7 e 15 de xuño de 2007, na Franxa de Gaza. Despois de gañar as eleccións lexislativas palestinas en 2006, Hamás formou o Goberno de Unidade Nacional con Fatah en marzo de 2007, liderado por Ismail Haniyeh. Os combates entre milicianos de Fatah e Hamas continuaron, chegando a morrer máis de 100 combatentes nunha semana.[1]
En xuño de 2007, os combatentes Hamas tomaron o control na Franxa de Gaza[2] e eliminaron as oficinas de Fatah o que levou ao presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, a disolver o goberno e establecer o estado de emerxencia. Haniyeh foi destituído e Abbas gobernou Gaza e Cisxordania por decreto presidencial.[3]
O CICR estima que morreron polo menos 118 persoas e máis de 550 foron feridas durante os combates.[4]