Nome orixinal | (es) Bernardo Leighton Guzmán |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de agosto de 1909 Nacimiento, Chile (pt) |
Morte | 26 de xaneiro de 1995 (85 anos) Santiago de Chile |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Parque del Recuerdo (pt) |
Minister of the Interior of Chile (en) | |
3 de novembro de 1964 – 5 de febreiro de 1968 ← Sótero del Río Gundián – Edmundo Pérez Zujovic → | |
Deputado de Chile | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Pontificia Universidade Católica de Chile Colegio San Ignacio (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Santiago de Chile |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Demócrata Cristiano |
Bernardo Leighton Guzmán, nado o 16 de agosto de 1909 e finado en Santiago de Chile o 26 de xaneiro de 1995, foi un político chileno, un dos fundadores da Democracia Cristiá.
Fillo de Bernardino Leighton Gajardo e de Sinforosa Guzmán Gallegos. Como dirixente universitario xogou un importante papel nas mobilizacións que culminaron co derrocamento de Carlos Ibáñez del Campo, en 1931. O mesmo ano foi enviado polo ministro do Interior, Marcial Mora, a Coquimbo, co fin de evitar que a chamada Sublevación de la Escuadra fose apoiada pola poboación civil local.
En 1937 foi nomeado ministro do Traballo polo presidente Arturo Alessandri Palma. Xunto a Eduardo Frei Montalva, Rafael Agustín Gumucio, Manuel Garretón, Radomiro Tomic e outros, funda a Falange Nacional, futuro partido Demócrata Cristián.
Durante o goberno de Eduardo Frei Montalva ocupa o cargo de ministro do interior. Tras isto foi elixido deputado por Santiago en 1969 e reelixido en 1973.
Exiliado polo Réxime militar por intentar achegar a DC con partidos de esquerdas para fortalecer a oposición ao réxime, o 5 de outubro de 1975 el e a súa muller sufriron un atentado en Roma, quedando parapléxico para sempre, por parte de neofascistas italianos en asociación con Stefano delle Chiaie, que nese entón traballaba para a DINA, o organismo de represión do réxime militar chileno. Segundo documentos desclasificados da CIA, Stefano delle Chiaie atopara antes ao axente da DINA Michael Townley e ao Cubano Virgilio Paz Romero (un compañeiro de Luís Posada Carriles), para preparar o atentado contra Leighton.[1]
En 1978 permitíuselle a volta ao país, onde se retirou á vida privada. Morreu o 26 de xaneiro de 1995.