Biarritz Olympique

Biarritz Olympique
NomeBiarritz Olympique Pays Basque
Alcume(s)BO, BOPB
Fundación1913
SedeBiarritz, Pireneos Atlánticos
Francia
Estadio(s)Parc des Sports Aguiléra
Capacidade15.000 espectadores
PresidenteFrancia Serge Blanco
AdestradorFrancia Laurent Rodriguez
Francia Didier Faugeron
CapitánFrancia Imanol Harinordoquy
Liga(s)Pro D2
2015-16
Casa
Fóra
Na rede
http://www.bo-pb.com
Twitter: BOPBweb Instagram: bopb_officiel Editar o valor en Wikidata

O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pireneos Atlánticos) que xoga na 2ª División da liga francesa (Pro D2).

Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra (simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de Donostia (País Vasco).

En 1898 fundouse o club baixo o nombe Amicale des anciens de Jules-Ferry trocándoo por Biarritz Stade e posteriormente, en 1913 por Biarritz Olympique. En 1998 cando o club se consolida na elite do rugby francés elixiu engadir ao seu nome Pays Basque (País Vasco) dando lugar ao nome actual Biarritz Olympique Pays Basque (BOPB) coa intención de reafirmar a súa identidade e promocionar a rexión establecendo unha sólida e estable relación entre un determinado estilo de xogo e polos valores fundamentais que fan a identidade do País Vasco. Esta decisión levou a modificar tamén lixeiramente o escudo do club, ao que se lle engadiron as palabras Pays Basque en verde por debaixo do escudo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Competicións internacionais
Competicións nacionais
Outras competicións

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Logo da creación do Biarritz Olympique, Jean-Baptiste Hum-Sentouré foi nomeado presidente fundador do club. Con todo, o primeiro presidente de BO foi Alfred Laulhe, que ocupou o cargo durante os nove primeiros anos de vida do club branco e vermello. Pola súa banda, Emile Lacour foi a persoa que máis tempo presidiu a entidade, logo de 16 anos entre 1936 e 1952. Dende o punto de vista deportivo, o Biarritz Olympique conseguiu os seus maiores logros estando na presidencia do club Marcel Martin, conquistando tres dos seus campionatos nacionais (2002, 2005 e 2006), unha das súas dúas Copas de Francia (2000), e chegando unha vez á final da Copa de Europa (2006), mentres que o único título continental do club chegou baixo a presidencia de Serge Blanco coa conquista da European Challenge Cup en 2012. A seguinte táboa mostra todos os presidentes do BO dende a súa creación:[4]

Presidentes do Biarritz Olympique
Nome Inicio Fin
Jean-Baptiste Hum-Sentouré 1913 1913
Alfred Laulhe 1913 1922
Dr Plantier 1922 1936
Emile Lacour 1936 1952
Alexis Figue 1952 1959
André Lafaille 1959 1962
Maurice Bergeon 1962 1965
Henri Berrogain 1965 1967
Claude Rebeyrol 1967 1978
Jean-Claude Blimer 1978 1980
Jacques Bergeruc 1980 1981
Jean-Claude Blimer 1981 1984
Pierre Grenade 1984 1990
Jean Dupont 1990 1991
Michel Langla 1991 1992
Patrick Arrosteguy 1992 1996
Serge Blanco 1996 1998
Roland Heguy 1998 1998
Marcel Martin 1998 2008
Serge Blanco 2008 2016
Nicolas Brusque 2016 no cargo
  1. "Champions of Europe" (en inglés). European Professional Club Rugby. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  2. "Champions of the Challenge Cup" (en inglés). European Professional Club Rugby. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Biarritz Ol." (en francés). bayonnais.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "CLUB - HISTOIRE PALMARÈS" (en francés). Biarritz Olympique - Pays Basque. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  5. "Biarritz Olympique Pays Basque" (en inglés). histoire.maillots.free.fr. Consultado o 30 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]