Bilbao Bizkaia Kutxa | |
---|---|
Sede actual de BBK | |
Tipo | Caixa de aforros |
Fundación | 1990 |
Localización | Gran Vía, 30 48009 Bilbao |
Persoas clave | Xabier Sagredo Ormaza (presidente) |
Industria | Obra social |
Número de empregados | 2897 (2009) |
Na rede | |
https://www.bbk.eus | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bilbao Bizkaia Kutxa (BBK) é unha caixa de aforros do País Vasco, creada en 1990 coa fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya en 1990. O seu nome completo é Bilbao Bizkaia Kutxa, Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea (en galego, Caixa Bilbao Biscaia, Caixa de Aforros e Monte de Piedade) e a súa sede principal atópase en Bilbao. É a principal caixa en Biscaia e no País Vasco.
Desde o 1 de xaneiro de 2012 exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con Caja Vital e Kutxa.
Bilbao Bizkaia Kutxa constituíuse o 16 de febreiro de 1990 pola fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao (fundada en 1907) e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya (fundada en 1921).
Constituíuse como Entidade Benéfica,[1] "Pola súa condición de Entidade Benéfica, gozará de cantos dereitos substantivos, procesuais, fiscais ou doutra natureza, lle recoñezan as disposicións legais, incluído o de xustiza gratuíta."
En outubro de 2008, os consellos de administración da BBK e da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Guipúscoa e San Sebastián (Kutxa) aprobaron o proxecto de fusión de ambas as dúas entidades. Planeaban formar en 2009 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Euskadi (Euskadiko Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea), que mantería o nome comercial de Kutxa. A tal fin, convocaron asembleas xerais para o 28 de novembro.[2] A da BBK aprobou a fusión, como se prevía (68 apoios e 26 rexeitamentos, de 94 votos emitidos), pero na Kutxa guipuscoana a maioría conseguida (63 dos 100 compromisarios) non superou os dous terzos necesarios.[3] Tras o fracaso da fusión, a BBK houbo de expandirse a Guipúscoa, para evitar ser novamente sancionada polo Tribunal de Competencia, abrindo en outubro de 2009 senllas oficinas en Éibar e Zarautz.
O 16 de xullo de 2010, o Banco de España adxudicou á caixa biscaíña a intervida CajaSur, constituíndo a sétima entidade financeira española por volume de activos.[4]
O 16 de setembro de 2011, a asemblea extraordinaria de BBK aprobou a creación do banco Kutxabank a través do cal exerce a súa actividade financeira dende o 1 de xaneiro de 2012. Kutxabank creouse mediante un SIP xunto a Caja Vital e Kutxa.[5]
Como a maioría das caixas de aforros españolas, BBK traspasou o seu negocio bancario a un banco de nova creación (neste caso Kutxabank). BBK conserva a xestión da obra social que, en 2013, conta cun presuposto de 32,8 millóns de euros.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilbao Bizkaia Kutxa |