Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1946 (78 anos) Dakar, Senegal |
Actividade | |
Ocupación | guionista, xornalista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
Boubacar Boris Diop, nado en Dakar o 26 de outubro de 1946, é un escritor e xornalista senegalés. No ano 2000, recibiu o Gran premio literario da África negra polo conxunto da súa obra[1].
Estudou literatura e filosofía en Dakar e deu clases ata 1981 desas materias en varios centros de ensino secundario senegaleses e foi conselleiro técnico do ministerio de cultura. Realizou un curso de xornalismo na Universidade de Dakar, traballou tamén como xornalista en diversos periódicos locais e en 1986 foi un dos fundadores de Sud Magazine primeiro xornal independente do Senegal[2], e tamén colaborou co Neue Zürcher Zeitung, Afrique, perspectives et réalités ou Chimurenga. A partir de 1996 foi director de Le Matin de Dakar[3]. En 1998 por iniciativa dos xornalistas Nocky Djendanoum e Maimouna Coulibaly viaxou a Ruanda, canda outros dez escritores africanos, para participar nun proxecto literario sobre o xenocidio de Ruanda:" Rwanda: écrire par devoir de mémoire" para o que escribiu a novela Murambi, le livre des ossements e esa experiencia tamén foi fundamental para comezar a escribir en lingua wolof[4].