![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1967 ![]() Khemisset, Marrocos (pt) ![]() ![]() |
Altura | 171 cm ![]() |
Peso | 60 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fondista, mediofondista, atleta ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | carreira de longa distancia ![]() |
Participou en | |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
![]() |
Seúl 1988 | 10.000 m | |
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
![]() |
Toquio 1991 | 5.000 m |
Moulay Brahim Boutayeb (en árabe مولاي ابراهيم بوطيب), nado o 15 de agosto de 1967 en Khemisset, Marrocos, foi un corredor marroquí de longa distancia que se proclamou campión olímpico dos 10.000 metros nos Xogos Olímpicos de Seúl.
Antes de 1988 a súa especialidade eran os 5.000 metros, e dada a súa xuventude estaba considerado como o sucesor de Said Aouita.
Nos Xogos Olímpicos de Seúl participou de forma inesperada nos 10.000 metros. A final disputouse o 26 de setembro, e transcorreu a un ritmo moi rápido desde o inicio, cos quenianos Kipkemboi Kimeli e Moses Tanui tirando moi forte.
Pronto se formou un reducido grupo en cabeza e pasaron pola metade da proba a un ritmo de récord do mundo. Logo Boutayeb tomou o mando e foise en solitario deica a vitoria. Case todos pensaban que batería o récord do mundo, pero nos metros finais reduciu deliberadamente o seu ritmo mentres miraba cara a atrás, xa que na segunda posición viña o seu amigo, o italiano Salvatore Antibo.
Finalmente Boutayeb gañou a medalla de ouro con 27:21,46 a cuarta mellor marca mundial da historia. A prata foi para Salvatore Antibo e o bronce para o queniano Kimpkemboi Kimeli.
Tralos Xogos Olímpicos de Seúl volveu centrarse nas distancias máis curtas. En 1989 fixo na Coruña a cuarta mellor marca mundial do ano nos 5.000 metros con 13:12,10.
Participou nos Mundiais de Toquio en 1991, gañando a medalla de bronce nesta proba, por detrás do queniano Yobes Ondieki e do etíope Fita Bayissa. Pouco antes realizara en Bruxelas a mellor marca da súa carreira deportiva nesta proba con 13:10,44.
Nos Xogos Olímpicos de Barcelona quedou en cuarta posición nos 5.000 metros, nunha final moi apertada na que chegou a só 75 centésimas do gañador, o alemán Dieter Baumann.
Tras ser eliminado nas series clasificadoras dos Mundiais de Stuttgart en 1993, retirouse do atletismo.
Logo adicouse a outra das súas grandes paixóns, as carreiras de coches.