Brigada homicida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Madigan |
Director | Don Siegel |
Produtor | Frank P. Rosenberg |
Guión | Howard Rodman Abraham Polonsky |
Baseado en | The Commissioner de Richard Dougherty |
Intérpretes | Richard Widmark Henry Fonda Inger Stevens |
Música | Don Costa |
Fotografía | Russell Metty |
Montaxe | Milton Shifman |
Estudio | Universal Pictures |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 29 de marzo de 1968 31 de xaneiro de 1988 (TVG) |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Neo-noir[1] |
Recadación | 1.100.000 dólares (USA/Canadá)[2] |
Na rede | |
Brigada homicida (en inglés: Madigan) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Don Siegel. Está protagonizado por Richard Widmark, Henry Fonda e Inger Stevens. O guión, titulado orixinalmente Friday, Saturday, Sunday foi adaptado por dous escritores que estiveran na lista negra de Hollywood na década de 1950, Howard Rodman (acreditado co pseudónimo Henri Simoun) e Abraham Polonsky. O guión baséase na novela de 1962 The Commissioner de Richard Dougherty, e trata sobre un antigo xefe da oficina de Nova York de Los Angeles Times que exerceu na década de 1950 como comisario adxunto de policía da cidade de Nova York.[3]
Estreouse en galego o 31 de xaneiro de 1988 na TVG.[4]