Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Argovia | ||||
District of the canton of Aargau (en) | Distrito de Muri (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.228 (2018) (266,38 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4,61 km² | ||||
Altitude | 641 m-644 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5632 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 056 | ||||
Código de municipio suízo | 4230 | ||||
Sitio web | buttwil.ch |
Buttwil é unha comuna suíza do distrito de Muri, no cantón de Argovia
Limita ao norte coa comuna de Boswil, ao leste con Muri, ao sueste con Geltwil, ao suroeste con Hitzkirch (Lucerna), ao oeste con Schongau (Lucerna), e ao noroeste con Bettwil.
Buttwil é mencionado por primeira vez en 1160 como Butwile. Coa conquista de Argovia en 1415 o dereito do alto tribunal, que fora ostentado pola casa de Habsburgo, pasou á antiga Confederación Suíza. A corte baixa quedou dependente da Abadía.
A capela de Santiago foi construída en 1666 e era unha capela auxiliar na parroquia de Muri, que deu o motivo para o escudo da comuna, coa cuncha heráldica.[1]
Esta pequena antiga vila agrícola mostrou, ao redor de 1950, un descenso de poboación constante durante dúas décadas. A iso seguiu un forte aumento desde 1970 debido á zona practicamente sen néboas e aos curtos desprazamentos no tren a Zürich e Lucerna. Desde 1984 existe unha conexión de autobús con Muri. No ano 2020 tiña 1228 habitantes.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buttwil |