Tipo | cabo promontório (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Fisterra, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia.[1] Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra". Existe a crenza popular de que é o punto máis occidental da Península Ibérica. Porén, o cabo da Roca de Portugal está 16,5 quilómetros máis ó oeste e tamén é o punto máis occidental da Europa continental. Mesmo o cabo Touriñán está situado máis ó oeste, sendo o punto máis occidental de Galicia.
Monte Facho é o nome da montaña do cabo Fisterra, cuxo cumio se atopa a 238 metros por riba do nivel do mar. O faro de Fisterra atópase no máis alto do monte Facho.
O cabo Fisterra ten varias praias, incluíndo O Rostro, Arnela, Mar de Fóra, Langosteira, Riveira e Corbeiro. Moitas das praias están enmarcadas por empinados cantís que conducen ó Mare Tenebrosum (ou mar escuro, é dicir o nome do Atlántico na Idade Media).
Existen varias rochas na área que están asociadas con lendas relixiosas, como as "pedras sagradas", as "pedras manchadas de viño", a "cadeira de pedra" e a tumba da deusa-bruxa celta Orcabella.[2]
Os ártabros foron unha antiga tribo galaica que habitou na área na antigüidade. Dende o cabo Fisterra, os fenicios tiñan unha ruta de comercio marítimo coa illas Británicas durante a Idade de Bronce,[3] se cadra cara ó monte Batten.
O faro foi construído en 1853. A torre do faro, feita de cantaría, é de base octogonal, e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda, cunha lanterna poligonal. A torre mide 17 metros e a súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 30 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente. Aínda así, foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando o Monitor Captain se afundiu levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.
Nesta zona houbo tres batallas navais entre o Reino Unido e Francia:
O cabo Fisterra é o destino final para moitos peregrinos do Camiño de Santiago, a vía de peregrinación ó santuario do apóstolo Santiago na catedral de Santiago de Compostela. O cabo Fisterra atópase a unha distancia duns 90 km dende Santiago de Compostela. Existe unha tradición recente de queimar a roupa ou as botas ó final do camiño no cabo.[9]
A orixe da peregrinación a Fisterra non está clara. Porén, crese que data da época precristiá e pode estar asociada ó status de Fisterra como "final do mundo".[10] A tradición continuou durante a época medieval, cando se comezaron a estabelecer albergues para atender os peregrinos ó longo da ruta dende Santiago de Compostela até Fisterra.
Algúns peregrinos continúan o camiño ata Muxía, a un día de marcha máis lonxe.[10]
Na área hai moitos lugares sagrados precristiáns. Había un "Ara Soli" no cabo Fisterra,[11] onde os celtas celebraban cultos de adoración ó sol e rituais variados.[12][13]
Os historiadores grecorromanos chamaban ós residentes do cabo Fisterra como "nerios".[14] Monte Facho era o lugar onde os celtas nerios de Duio[15] levaban a cabo as súas ofrendas e ritos na honra do Sol. Monte Facho é un lugar baixo investigación arqueolóxica e hai evidencias de habitantes nesa zona arredor do ano -1000.[16] Existe unha vía romana até o cumio de monte Facho e os restos de estruturas antigas a montaña.[17]
San Guillerme, tamén coñecido como San Guillerme Penacorada,[18] viviu nunha casopa preto do monte Facho. Preto desa casa hai unha pedra coñecida como "Pedra de San Guillerme" ou "cama do santo", onde as parellas estériles debían copular para tratar de concibir seguindo un rito celta de fertilidade.[11] O menhir sería demolido no século XVIII por clérigos locais.[19]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo Fisterra |